E como monstra do que narramos na noticia anterior ao respeito dos cárceres marroquinos e españois, vai esta nova que recollemos (e traducimos) do blogue CIEsNO da Campaña polo feche dos CIEs, e que narra a situación que denuncian Abderrahmane Hadik, Ahmed Zerwal e Ayoub Bekkach, tres presos de orixe marroquí, contra policías que "vixían" este Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE), nome que, como xa dixemos noutras ocasións, oculta o que na realidade é un cárcere para imigrantes sen papeis en regra que non cometeran nengún delito:
Estes tres internos do CIE de Zapadores denunciaron na última semana recibir agresións físicas e verbais por parte de axentes de Policía. Abderrahmane, de 21 anos, Ahmed, de 26 e Ayoub Bekkach, de 19 puxeron en coñecemento do xulgado e a recentemente estreada Fiscalía de Igualdade de Trato e Non Discriminación, o "acoso" e as "vexacións" que están sufrindo desde o seu internamiento, e ante os que posúen numerosas testemuñas.
Neste sentido, Hadik denunciou o pasado 3 de agosto ante o xulgado de instrución número 7 de Valencia que, ese mesmo día, durante a hora do almorzo, un axente de policía -que facía alusións continuas e despreciativas ao seu cheiro corporal e orixe étnica- golpeoulle no ventre, xenitais, pernas e brazos, coa colaboración doutro que lle inmobilizou suxeitándolle polo pescozo. Despois, caeu ao chan e foi arrastrado polo corredor mentres continuaban golpeándolle. Así mesmo, denuncia recibir insultos como "mouro de merda" a diario, por parte dos axentes e que estes lle desfán a cama e tíranlle as súas pertenencias ao chan. Ambos axentes carecían de identificación no momento das agresións, aínda que, na súa denuncia, Hadik descríbeos físicamente e asegura poder recoñecelos con facilidade e máis adiante, nunha ampliación da denuncia, aporta o seu número de placa.
Por outra banda, Zerwal denunciou o pasado 8 de agosto ante o xulgado de instrución número 12 de Valencia recibir agresións físicas nun par de ocasións e insultos racistas de forma continua tales como "mouro de merda", "que te vaias ao teu país", ou "oxalá se pecharán xa todas as fronteiras". Respecto de a violencia física, nunha primeira ocasión, explica que un axente espertoulle golpeándolle coa porra. Ante a súa queixa, este gritoulle "¡Se non calas, métoche a porra polo cu!" e inmediatamente despois propinoulle unha labazada. Máis adiante, nunha segunda ocasión, mentres recollía roupa do chan, un outro axente tiroulle ao chan dunha patada e ameazoulle coa porra. Ademais, segundo explica Zerwal, sospeita que este é o axente que tamén tira continuamente as súas pertenencias ao chan e desfai a súa cama, case a diario, como tamén denuncia Hadik.
Para rematar, Ayoub Bekkach explica na súa denuncia que, o pasado 1 de agosto, dous internos discutiron sen que chegasen a pelexarse e a policía avisou aos antidisturbios. Bekkach, que se atopaba no comedor falando cun compañeiro, cuestionou que un axente lle mandase calar e a continuación suxeitárono entre varios antidisturbios e sacáronlle do comedor a empurróns, golpeáronlle en repetidas ocasións e leváronlle á cela de illamento. Trala malleira, tivo que recibir asistencia médica no Servizo de Urxencias do Hospital Peset por fortes contusións nos pulsos e nun xeonllo.
Os tres denunciantes solicitaron que se investiguen as gravacións do sistema de vídeo vixiancia dos días e as horas sinaladas, que se chame a declarar aos axentes identificados, que se proceda á suspensión cautelar de funcións destes ata o esclarecimiento dos feitos, que se suspenda cautelarmente a expulsión das vítimas ata que se esclarezan os feitos, que se chame aos denunciantes a declarar e que testemuñen os internos que se atopaban no lugar onde ocorreron os feitos.
Desde a Campaña polo peche dos CIEs temos documentado que, no último ano, ademais destas tres, as persoas internas en Zapadores interpuxeron máis de trinta denuncias ante o xulgado por presuntas agresións policiais. Unha situación insostible ante a que esiximos que se tomen medidas inmediatas para garantir que feitos tan graves como estes non volvan suceder e que se poñan en marcha os mecanismos necesarios para garantir unha investigación real do sucedido sen que se prexudique ás persoas que interpuxeran as denuncias, nin ás testemuñas presenciais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario