19 ago 2014

[Fez - Marrocos] Asasinado Mustafa Meziani no cárcere despois de 72 días en folga de fame e outros casos de torturas

As excelentes relacións da monarquía española e marroquina deron pé a que o novo monarca español Felipe VI viaxara en visita oficial a este país africano para visitar ao seu compa de numeroloxía Mohamed VI e declara ao seu termo que fora "un viaje muy, muy bueno". É claro que os seus temas de conversa nos xiraron ao respecto da situación do respeito aos direitos humanos (non sendo que o fixeran para botar unhas gargalladas cúmplices) nen da situación dos cárceres em ambos estados ( non sendo que xogaran a ver quen a ten máis longa, ou quen tortura máis). Os casos de Mustafa Meziani, Wafaa Charaf ou Osama Hosni comparten muito con os que a cotío recollemos en Abordaxe referentes ao estado español.


Mustafa Meziani xa estaba en folga de fame cando a visita do noso monarca e agora vimos de saber que, segundo informa Tokata, en 13 de agosto morreu no cárcere de Fez, despois de 72 días en folga de fame.

Mustafa, estudiante de 31 anos e militante do partido Annahj Addimocrati (Vía Democrática), decidira porse en folga para protestar pola súa detención, que consideraba como un “castigo polas súas actividades políticas” e para denunciar a negativa das autoridades marroquinas a permitirlle a súa matrícula na universidade.

Coma consecuencia deste asasinato de estado, e segundo información do compañeiro marroquino que enviou a noticia a Tokata, ven de entrar en erupción un verdadeiro “volcán nos cárceres marroquinos con folgas de fame e actos de protesto dos diferentes grupos de presos políticos para condenar este asesinato”.

A Asociación Marroquina de Direitos Humanos (AMDH), que xa interpelara ao goberno pola súa indiferencia ante o grave risco que estaba correndo a saude do preso en luita, achaca a responsabilidade desta morte ás autoridades de Marrocos. Nunha carta aberta dirixida ao xefe de goberno, Abdelilah Benkirane, sinalara a “situación inquedante que existe nalgunhas prisións do país”, reclamando a apertura dun diálogo con Mustafa Meziani para preservar o seu “sagrado direito á vida”. Despois da súa morte, esta asociación denunciou a neglixencia con que as institucións do Estado, aa xefatura do goberno, o ministerio de xustiza e a administración penitenciaria trataran as demandas do defunto e lembra que se dirixira a todos eles para que fose aceptada a lexítima demanda de readmisión na universidade. En van, “como se a vida humana non valera nada para o Estado marroquino que pretende asumir os direitos humanos recoñecidos universalmente”.

Alén, outras noticias recentes dan conta doutros abusos nos cárceres marroquinos, como no caso de Wafaa Charaf, de 26 anos, militante do Movimento do 20 de febreiro marroquina e activista da Asociación Marroquina de Direitos Humanos, quen denunciou en abril que fora secuestrada, torturada e ameazada de morte por dos homes, a todas luces policías e como consecuencia da súa denuncia, foi detida acusada pola fiscalía de Tánger de “denuncia calumniosa”. En 12 de agosto pasado foi condenada a un ano de cárcere e 50.000 dirhams (4500 euros) de multa por “calumnia”, ainda que non denunciara a ninguén en concreto senón que relatou ter sido secuestrada e torturada por persoas descoñecidas.


Na mesma noticia tambén se da conta de que "ainda muita máis dura fora a sentencia contra Osama Hosni", militante tambén do Movimento do 20 de febreiro, de 22 anos, quen foi condenado no pasado 23 de xullo a 3 anos de prisión e a pagar unha forte indemnización á policía por “difamación” e “falsa denuncia de tortura”. Por ter relatado nun vídeo colgado en youtube (ver arriba) cómo fora secuestrado, queimado e violado por “descoñecidos”.(ver máis acá no Tokata)

Como relatan na noticia de Tokata, "o que, en todo caso, resulta evidente é que a “nova monarquía” marroquina, tan amiga como a vella dos borbóns españois, se diferencia moi pouco do terrible despotismo de Hassan II, a pesar do exceso de palabrería sobre “modenización” en boca de Mohamed V e os seus socios. E que todavía considera necesarias a tortura, a total impunidade dos torturadores e o máis descarnado cinismo na manipulación das apariencias para manter o seu dominio. Niso se asemella tambén bastante á “democracia” española".

Xan do Can para Abordaxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario