5 ago 2014

Reflexións en torno ao anarquismo... Francisco Solar Dominguez dende o cárcere de Villabona, Asturias.

Recibimos no noso correo, traducimos e publicamos:

Estiven a darlle voltas ao tema da coherencia e consistencia do anarquismo, a determinar que é en definitiva o que nos motiva a declararnos anarquistas e non outra cousa, que é o que nos leva a vivir unha vida onde un dos temas máis recorrentes son a policía, os seguimentos e a prisión, temas que evidentemente non gustan a ninguén pero que sempre están porque marcan a nosa cotianeidade. Penso que o antiautoritarismo é central neste sentido, é o que xunto co intento de liberdade diferéncianos politicamente coas outras correntes políticas e tamén dentro do propio anarquismo. E é que o antiautoritarismo implica un quebre con todo o establecido e coas ideas que son o seu sustento, entre as que se encontra o paradigma "judeo cristián" de progreso que se encontra encistado na maior parte do pensamento occidental, xa sexan revolucionarios ou non.

Entón é necesario quebrar coa tradición de pensamento judeo cristián? Evidentemente. Se o anarquismo pretende romper co establecido non pode ser parte da reprodución dun dos piares da opresión: o pensamento sagrado. É certo que gran parte da corrente ácrata postula que grazas á revolución social se logrará un estado de completa harmonía, que pola ciencia se chegará á plenitude. Isto encontrámolo na maior parte da literatura anarquista do século XIX e principios do XX a cal estaba imbuída pola ilustración e o seu consecuente enaltecemento da razón. Polo tanto, o pensamento sagrado mantense, non se cuestiona, polo que non se xera unha ruptura real co imposto. O anarquismo tórnase sagrado da mesma forma que o é o cristianismo.

Non obstante hai posturas que non seguen tal xogo como o son as formulacións de Bakunin e Stirner. O primeiro ao sinalar que toda destrución é á vez creación apártase do pensamento ilustrado abríndonos novas portas. A destrución e a creación serían inseparables, non constituirían fases separadas, se non que o rematar co existente abrirá un amplo abano de posibilidades marcadas pola revolta constante. Pola súa banda, Stirner afirma claramente: "non se suprime o sagrado con tanta facilidade como parecen crelo moitos que aínda rexeitan esta palabra impropia. Que ese "algo sagrado" sexa, por outra parte, tan humano como se queira, que sexa o humano mesmo non quita nada do seu carácter, como moito se converte ese sagrado supraterreal en un sagrado terreal. De divino a humano". (Stirner: 2007. P44)

A ilustración substitúe ese obxecto sagrado: o Estado, resultado e expresión da razón, toma o lugar de deus adquirindo as súas mesmas características, o que lle asegura un dominio absoluto. Este "traspaso de poderes" reflexa a continuidade dunha determinada estrutura de pensamento que se manifesta en gran parte dos movementos revolucionarios de occidente. Reprodúcese o paradigma da opresión. En este sentido, faise indispensable xerar unha fractura con "o sagrado" en calquera das súas formas, xa sexa ciencia ou doutrina política.

Deste xeito o cuestionamento de nós mesmxs e o noso ámbito intenta eliminar cada expresión sagrada das nosas relacións que, en definitiva, é a manifestación da autoridade. Somos iconoclastas. Polo tanto, penso que nesta busca debemos ser consecuentes; non somos xs salvadorxs de nada nin de ninguén, se nos enfrontamos ao poder é porque o queremos eliminar das nosas vidas e non porque esperamos que das súas ruínas xurda un paraíso. O noso é a negación completa do establecido e o que iso poida deparar é un enigma. Iso é o que nos motiva.

Francisco Solar Dominguez
AGOSTO, 2014

12 comentarios:

  1. Perdonar, pero por la imagen elegida, veo que no habeis entendido la reflexión de Francisco, falta saliendo de la boca del dibujo algún otro icono como una A de anarquía y alguna que otra sigla "anarcosindicalista" y demás...

    Salud¡

    ResponderEliminar
  2. Soy colaborador habitual de Abordaxe y estaba haciendo esta misma reflexión tras leer el texto. Estoy totalmente deacuerdo contigo, pero por lo general la gente que haceis criticas, sean constructivas o no, cuando las haceis hablais en plural demasiado rapido.

    ResponderEliminar
  3. bom, som quem colou o texto. a verdade é que havia um feixe de notícias que chegaram ao nosso correio e que estavam sem publicar e com as presas por darlles saida, colei esa foto por sair do passo, sendo conscente de que nom era a mais ajeitada. entender, entendim perfeitamente o texto. aguardo que gostedes mais destoutra. cabe dizer que, para mim, certas prácticas que se autodefinem anarquistas, se me semelham mais a umha religiom ou umha seita e de ai que optara polo desenho antérior; se bem coincido plenamente que falhavam iconos. nom tanto nom som desenhante e tirei polo fázil.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ravachol-chol-chol6 de agosto de 2014, 13:01

      Hola meu, son a persoa que fixo o segundo comentario. Compartin a miña opinión co primeiro comentarista, máis respeito totalmente a túa concepción ou o teu gusto, ou a tua interpretación do texto, ou da imaxe, ou o que sexa...
      Non hai nada que condear ao respeito, ao contrario, moitas gracias polo teu curro e achegarnos tan interesante texto. Que vese que hai algunhas por ahí abaixo que necesitan máis terapia aínda da que reciben, e andan por aquí mais á procura diso que doutras cousas. Seguro que nin leu o texto, viu que había comentarios e alí entrou.
      Unha aperta

      Eliminar
  4. Mira eDu, xusto o que pensamos moitos da túa reconversión.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. reconverssom?? podes aclarar o que pretendes dizer, amiga anónima? e concordando com o espressado polo compa, falades moi em plural, como buscando ter mais peso a vossa opiniom. isso sim que é anarquista!! que se passa? é que botas em falha estar no politburo?? quanto menos identifica-te, da-la cara, ou é que tês medo de que te tildem de autoritária??

      Eliminar
    2. Como que que significa reconversión? É que agora vaslle contando á chavalada que es anarquista-de-toda-la-vida?

      Eliminar
    3. O teu nom tem desperdício, bom sim, tu toda es um desperdício social.

      Nom vou seguir-te o jogo, mas sim quero aclarar algo:

      Quem me conhece sabe bem que nunca fum com nengum conto á "chavalada" (com este termo despectivo, defines-te moi bem, isso é o que pensas da gente nova activa: que som "chavalada") e que nunca agocheu o meu passado nem me arrepinto do mesmo. Mas, nesta vida, há quem evoluciona e atopa a afinidade e há quem fica sendo umha velha retrógada toda a sua vida (mesmo sendo nova) e gosta de agochar-se no anónimato para tentar denigrar-me com argumentos de cria; mas nom vas consegui-lo nem usando as mesmas tácticas que usa a polícia.

      Eliminar
  5. Hola a todxs, soy la del comentario primero (y único). Tiene razón el segundo comentario he hecho una generalización, demasiado rápido. Por eso ahora sólo le digo al/a la que ha puesto la segunda imagen que todavía no se ha enterado... A ver si a la tercera va la vencida....
    Ya no molesto más, el tema de lxs compañerxs es demasiado serio. A ver si se abre un debate en profundidad porque parece que es necesario.
    Salud¡

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E porque nom envias tu umha imagem que reflecte fidelmente o que di o compa em troques de ir de entendida. Já digem que entendim perfeitamente o texto, nom é tam complejo de entender. Pero que queres?? Fai tu um desenho e enviano-lo a abordaxe@gmail.com e te asseguro que mudamos por segunda vez o desenho. Compartilho a necessidade dum debate em profundidade, pero nom na rede (suponho que nom haverá que explicar o porqué). Propom tu algo e assim igual deixas de criticar o que fam outras.

      Eliminar
  6. Ten tela que o importante aquí para moitxs sexa o pasado dun compa (que sexa cal for, non é asunto de ninguén nin tema de conversa entre cibercomentaristas a non ser que Abordaxe sexa agora unha revista de cotilleos) ou se a imaxe é ou non é a mellor.

    Se en troques de comentar sobre cuestións tan "trascendentáis" algúns/has se centrasen en analizar o contido do texto de Francisco e sacar conclusións propias e colectivas, ó mellor, se cadra, todo isto tería algún sentido. Digo eu eh? Agora que cada quen faga o que lle pete, faltaría máis.

    ResponderEliminar
  7. Bom, ao fio do último comentário do compa de A Rebelión das Palabras, quero sinalar que, na minha impressom pessoal, o importante aqui para a imensa maioria das pessoas que vissitam este blogue, é a publicaçom de notícias e opinions e case todas fam um uso correcto do mesmo, mesmo essa é a nossa sensaçom quando vemos como nos felicitám polo nosso projecto coletivo em todas quantas palestras temos intervido (mesmo pessoas de outras ideologias parabenizam-nos).

    Por isso, se bem agradecem-se as palavras do compa, eu quero pontoalizar que as opinions de umha, dois ou tres trolls, com argumentos de baixa estofa, nom som moitxs, senom mais bem umha moi pequena minoria; de certo eu o focalizo em moi poucas pessoas (umha, duas??) que estám doentes polo éxito deste blogue como meio informativo alternativo galego e metem pulhas infantis quando vem que há comentários (como bem dixo o compa Ravachol-chol-chol).

    Por isso quero pontoalizar, que as opinions desfavoraveis para com o que se publica em abordaxe, e para com as pessoas que fazemos isto umha realidade, som como umha cagadinha de mosca no areal da Lanzada e nom merecem que se lhes trate como "moitxs".

    ResponderEliminar