Recibimos no noso correo, traducimos e publicamos:
Entón é necesario quebrar coa tradición de pensamento judeo cristián? Evidentemente. Se o anarquismo pretende romper co establecido non pode ser parte da reprodución dun dos piares da opresión: o pensamento sagrado. É certo que gran parte da corrente ácrata postula que grazas á revolución social se logrará un estado de completa harmonía, que pola ciencia se chegará á plenitude. Isto encontrámolo na maior parte da literatura anarquista do século XIX e principios do XX a cal estaba imbuída pola ilustración e o seu consecuente enaltecemento da razón. Polo tanto, o pensamento sagrado mantense, non se cuestiona, polo que non se xera unha ruptura real co imposto. O anarquismo tórnase sagrado da mesma forma que o é o cristianismo.
Non obstante hai posturas que non seguen tal xogo como o son as formulacións de Bakunin e Stirner. O primeiro ao sinalar que toda destrución é á vez creación apártase do pensamento ilustrado abríndonos novas portas. A destrución e a creación serían inseparables, non constituirían fases separadas, se non que o rematar co existente abrirá un amplo abano de posibilidades marcadas pola revolta constante. Pola súa banda, Stirner afirma claramente: "non se suprime o sagrado con tanta facilidade como parecen crelo moitos que aínda rexeitan esta palabra impropia. Que ese "algo sagrado" sexa, por outra parte, tan humano como se queira, que sexa o humano mesmo non quita nada do seu carácter, como moito se converte ese sagrado supraterreal en un sagrado terreal. De divino a humano". (Stirner: 2007. P44)
A ilustración substitúe ese obxecto sagrado: o Estado, resultado e expresión da razón, toma o lugar de deus adquirindo as súas mesmas características, o que lle asegura un dominio absoluto. Este "traspaso de poderes" reflexa a continuidade dunha determinada estrutura de pensamento que se manifesta en gran parte dos movementos revolucionarios de occidente. Reprodúcese o paradigma da opresión. En este sentido, faise indispensable xerar unha fractura con "o sagrado" en calquera das súas formas, xa sexa ciencia ou doutrina política.
Deste xeito o cuestionamento de nós mesmxs e o noso ámbito intenta eliminar cada expresión sagrada das nosas relacións que, en definitiva, é a manifestación da autoridade. Somos iconoclastas. Polo tanto, penso que nesta busca debemos ser consecuentes; non somos xs salvadorxs de nada nin de ninguén, se nos enfrontamos ao poder é porque o queremos eliminar das nosas vidas e non porque esperamos que das súas ruínas xurda un paraíso. O noso é a negación completa do establecido e o que iso poida deparar é un enigma. Iso é o que nos motiva.
Francisco Solar Dominguez
AGOSTO, 2014
Perdonar, pero por la imagen elegida, veo que no habeis entendido la reflexión de Francisco, falta saliendo de la boca del dibujo algún otro icono como una A de anarquía y alguna que otra sigla "anarcosindicalista" y demás...
ResponderEliminarSalud¡
Soy colaborador habitual de Abordaxe y estaba haciendo esta misma reflexión tras leer el texto. Estoy totalmente deacuerdo contigo, pero por lo general la gente que haceis criticas, sean constructivas o no, cuando las haceis hablais en plural demasiado rapido.
ResponderEliminarbom, som quem colou o texto. a verdade é que havia um feixe de notícias que chegaram ao nosso correio e que estavam sem publicar e com as presas por darlles saida, colei esa foto por sair do passo, sendo conscente de que nom era a mais ajeitada. entender, entendim perfeitamente o texto. aguardo que gostedes mais destoutra. cabe dizer que, para mim, certas prácticas que se autodefinem anarquistas, se me semelham mais a umha religiom ou umha seita e de ai que optara polo desenho antérior; se bem coincido plenamente que falhavam iconos. nom tanto nom som desenhante e tirei polo fázil.
ResponderEliminarHola meu, son a persoa que fixo o segundo comentario. Compartin a miña opinión co primeiro comentarista, máis respeito totalmente a túa concepción ou o teu gusto, ou a tua interpretación do texto, ou da imaxe, ou o que sexa...
EliminarNon hai nada que condear ao respeito, ao contrario, moitas gracias polo teu curro e achegarnos tan interesante texto. Que vese que hai algunhas por ahí abaixo que necesitan máis terapia aínda da que reciben, e andan por aquí mais á procura diso que doutras cousas. Seguro que nin leu o texto, viu que había comentarios e alí entrou.
Unha aperta
Mira eDu, xusto o que pensamos moitos da túa reconversión.
ResponderEliminarreconverssom?? podes aclarar o que pretendes dizer, amiga anónima? e concordando com o espressado polo compa, falades moi em plural, como buscando ter mais peso a vossa opiniom. isso sim que é anarquista!! que se passa? é que botas em falha estar no politburo?? quanto menos identifica-te, da-la cara, ou é que tês medo de que te tildem de autoritária??
EliminarComo que que significa reconversión? É que agora vaslle contando á chavalada que es anarquista-de-toda-la-vida?
EliminarO teu nom tem desperdício, bom sim, tu toda es um desperdício social.
EliminarNom vou seguir-te o jogo, mas sim quero aclarar algo:
Quem me conhece sabe bem que nunca fum com nengum conto á "chavalada" (com este termo despectivo, defines-te moi bem, isso é o que pensas da gente nova activa: que som "chavalada") e que nunca agocheu o meu passado nem me arrepinto do mesmo. Mas, nesta vida, há quem evoluciona e atopa a afinidade e há quem fica sendo umha velha retrógada toda a sua vida (mesmo sendo nova) e gosta de agochar-se no anónimato para tentar denigrar-me com argumentos de cria; mas nom vas consegui-lo nem usando as mesmas tácticas que usa a polícia.
Hola a todxs, soy la del comentario primero (y único). Tiene razón el segundo comentario he hecho una generalización, demasiado rápido. Por eso ahora sólo le digo al/a la que ha puesto la segunda imagen que todavía no se ha enterado... A ver si a la tercera va la vencida....
ResponderEliminarYa no molesto más, el tema de lxs compañerxs es demasiado serio. A ver si se abre un debate en profundidad porque parece que es necesario.
Salud¡
E porque nom envias tu umha imagem que reflecte fidelmente o que di o compa em troques de ir de entendida. Já digem que entendim perfeitamente o texto, nom é tam complejo de entender. Pero que queres?? Fai tu um desenho e enviano-lo a abordaxe@gmail.com e te asseguro que mudamos por segunda vez o desenho. Compartilho a necessidade dum debate em profundidade, pero nom na rede (suponho que nom haverá que explicar o porqué). Propom tu algo e assim igual deixas de criticar o que fam outras.
EliminarTen tela que o importante aquí para moitxs sexa o pasado dun compa (que sexa cal for, non é asunto de ninguén nin tema de conversa entre cibercomentaristas a non ser que Abordaxe sexa agora unha revista de cotilleos) ou se a imaxe é ou non é a mellor.
ResponderEliminarSe en troques de comentar sobre cuestións tan "trascendentáis" algúns/has se centrasen en analizar o contido do texto de Francisco e sacar conclusións propias e colectivas, ó mellor, se cadra, todo isto tería algún sentido. Digo eu eh? Agora que cada quen faga o que lle pete, faltaría máis.
Bom, ao fio do último comentário do compa de A Rebelión das Palabras, quero sinalar que, na minha impressom pessoal, o importante aqui para a imensa maioria das pessoas que vissitam este blogue, é a publicaçom de notícias e opinions e case todas fam um uso correcto do mesmo, mesmo essa é a nossa sensaçom quando vemos como nos felicitám polo nosso projecto coletivo em todas quantas palestras temos intervido (mesmo pessoas de outras ideologias parabenizam-nos).
ResponderEliminarPor isso, se bem agradecem-se as palavras do compa, eu quero pontoalizar que as opinions de umha, dois ou tres trolls, com argumentos de baixa estofa, nom som moitxs, senom mais bem umha moi pequena minoria; de certo eu o focalizo em moi poucas pessoas (umha, duas??) que estám doentes polo éxito deste blogue como meio informativo alternativo galego e metem pulhas infantis quando vem que há comentários (como bem dixo o compa Ravachol-chol-chol).
Por isso quero pontoalizar, que as opinions desfavoraveis para com o que se publica em abordaxe, e para com as pessoas que fazemos isto umha realidade, som como umha cagadinha de mosca no areal da Lanzada e nom merecem que se lhes trate como "moitxs".