7 ago 2014

[Calcídica - Grecia] O "Corcoesto" grego segue en luita contra a minaria de ouro de "El Dorado Gold"

Un grupo de mulleres encadéanse ás portas da explotación de Eldorado Gold en Calcídica en protesta polo proxecto mineiro

Colamos (e traducimos) esta información de Verba-Volant:

A primeira hora da mañá do martes 5 de agosto unha ducia de mulleres encadeouse ás portas da explotación da transnacional El Dorado Gold en Calcídica, nun simbólico xesto contra a emenda que esta semana se votará no Parlamento grego, e que vai legalizar todas as irregularidades cometidas pola empresa Oro Grego (Elinikós Jrisós), filial da trasnacional El Dorado Gold, na construción da planta de procesamento de mineral.

A Policía, presente no lugar da protesta, aclarou as manifestantes que non habería detencións sempre que se permitise a libre circulación aos vehículos da compañía. As mulleres encadeadas, e en xeral a xente decente de Calcídica, reclaman a atención do público ante a situación en Skuriés, noroeste de Calcídica, onde o Capital trasnacional e o Estado grego van instalar unha megaminaría de ouro. Tamén piden aos deputados do Parlamento que rexeiten as modificacións lexislativas propostas, cuxa aprobación significará o final da protección ambiental das masas forestais do país.

A nova norma, que foi introducida en verán no Parlamento polo Ministerio de Medio Ambiente e Cambio Climático do Goberno grego, permitirá que os montes de dominio público se poñan a disposición das empresas privadas para todo tipo de usos, entre os cales figuran as actividades mineiras.

Hai uns días os colectivos contra a instalación dunha minaría de ouro de Skuriés, noroeste de Calcídica, declararon que as actuais autoridades gregas actúan "de acordo cos intereses lucrativos dos investidores lexislando para satisfacer as súas necesidades específicas e non en nome do interese público", polo que instou os deputados "a non notar esta lei inaceptable que condena o futuro do noso ámbito, as nosas vidas e as das xeracións que están por vir".

Fonte: http://antigoldgr.org/

Máis fotos do protesto aquí.

Máis información en Abordaxe sobre esta luita acá

No hay comentarios:

Publicar un comentario