11 ago 2014

[Balboa] 29 Agosto - 4 Setembro .- Obradoiros de Bioconstrucción, Autoconstrucción de Instrumentos Electrónicos e Festival

Colamos (e traducimos) esta información recibida na nosa caixa de correos e agradecemos o envío à persoa que o fixo:

Información das organizadoras da Asociación Cultural Vibra:

Este ano queremos levar a cabo unha serie de talleres de longa duración durante o fin de semana previo ao festival e, quen poida/queira, alongue a súa estanza ata o comezo deste. Os talleres (de bioconstrucción e autoconstrución de instrumentos electrónicos) levaranse a cabo entre o 29 de Agosto e o 1 de Setembro, e o festival comezará o 3. Estamos pendentes de ver se é posible levarse a cabo un taller de instalacións audiovisuais interactivas entre o 1 e o 4 de Setembro. En fin, que esperamos que vos interese e, se non, agradeceriamos moito (moito) se nos botades un cabo coa difusión para conseguir o financiamento e facelos posibles.



Quedan 30 días para o peche de inscricións aos talleres e saber se podemos levar a cabo o proxecto ZINÉTICO!

Inscricións aos talleres de BIOCONSTRUCCIÓN (20 prazas) e ELECTRÓNICA LIBRE (15 prazas) a través da plataforma VERKAMI

Apúntate e/ou difunde!

29 Agosto - 1 Setembro en Balboa

Talleres e instalacións no Val de Balboa en torno á CULTURA LIBRE e algo de COMPARTICIÓN grazas á colaboración de moitas persoas.

É unha iniciativa que combina a formación en bioconstrucción e en autoconstrución de instrumentos electrónicos, a cargo dos colectivos CANYA VIVA* e FAMILIAR** cuns días de convivencia no Val e rutas pola montaña, dinamizando e valorando o rural e aprendendo da artesanía e costumes locais...

Podes colaborar escoitándoo, apuntándote, conseguindo o video didácticodocumental
ou simplemente difundindo esta iniciativa.

Mil Grazas!

ZI-NÉ-TI-CO

No hay comentarios:

Publicar un comentario