16 jul 2014

[Sanxenxo] Nota de prensa de SOS Panadeira contra a invasión do espazo público por unha entidade privada

Levamos seguindo esta luita da veciñanza da vila mariñeira de Sanxenxo, que alén ten a consideración de vila turística na temporada estival. A súa luita vai dirixida contra os desmáns dos prepotentes ante o silenciamento dos poderes públicos (o que só se pode considerar de conveniencia con o delito). E un dos maiores invasores, apropriedadores do público é o regatista e coleguísimo do ex-rei Juancar, Pedro Campos Calvo-Sotelo (de quen estamos preparando un artigo para desenmascarar as súas mas artes, e de onde hai muita "chicha" que destripar deste fillo do propietario das augas públicas das termas de Cuntis e neto do fascista José Calvo-Sotelo, asesinado só catro días antes do golpe de estado franquista).

Agora colamos a nota de prensa que nos enviaron dende SOS Panadeira a nosa caixa de correos:

Este neno é o pobo de Sanxenxo e non podemos deixalo só

Aínda que unha nota parecida foi remitida con anterioridade, decidimos dende SOS PANADEIRA introducir algún dato máis e pedir que por favor teñan en conta que é un documento base moi valioso para comezar unha investigación.

Non dubiden que a semellanza con outros grandes escándalos é primoroso. Non está na nosa man a interlocución con todas as partes pero sabemos que si está man dos Medios así que animamos a que Galicia tamén sexa capaz de destapar os escándalos que nos permitan empezar de novo sen olor a podre.

Coñecemos do conxunto de accionistas e a interacción que intentan someter a independencia dos xornalistas.

Non dubiden que aínda que non sexamos poderosos os casos de mala praxe dolosa de El Correo Galego será denunciada con nome e apelidos, sería inxusto dar o mesmo trato aos profesionais que aos voceiros.


Non é doado discernir quen é quen nas armazóns empresariais do Porto Deportivo de Sanxenxo. SOS PANADEIRA intentouno con Nauta (Ente local, público concesionario do Porto de Sanxenxo); Team Campos (Empresa privada, propiedade de Pedro Campos); RCNS, e o Concello de Sanxenxo; e pretende desvelar algúns dos pactos entre eles pero sobre todo conseguir que en diante deixen de ser secretos e a cargo do erario público. Actualmente anúnciase un novo convenio que esperemos que, entre outras, se acolla á normativa da Lei de Transparencia 19/2013, e que, polo tanto, remate co "compadreo" entre ambas as dúas empresas privadas e a pública NAUTA e o Concello.

Non obstante a empresa de Pedro Campos, unha vez máis, invadiu terreo público do porto deportivo sen que ese anunciado novo convenio se aprobase polo Consello de Administración de NAUTA - órgano competente -, nin, por suposto, asinado. Deste modo novamente ningunea se ás autoridades locais e ao órgano reitor de Nauta (Ente público) cuxos compoñentes actuais, tras a destitución de Pedro Campos, son: Catalina González (Alcaldesa); Elisardo Balboa (ex alcalde); José Luis Rodríguez (concelleiro de medioambiente); Salvador Durán (Tenente de Alcalde) e María Deza (Concelleira de urbanismo).

A actuación deste órgano xestor de NAUTA cualificámola como irresponsable e cómplice, e estes son os feitos aos que nos remitimos:
1.- Por pactar ou consentir un novo convenio sen a liquidación previa do anterior, do que temos coñecemento de débense grandes sumas, e que foi unha das causas para invalidalo.
2.- Consentir o exceso de ocupación durante anos do triplo de metros asignados na zona a tal fin destinada.
3.- Permitir que a empresa privada de Pedro Campos, campe sen control, cometendo abusos doadamente detectables no uso de auga, luz, lixo, aparcadoiros privados, uso do travel life etc. (estes pagamentos hanse de facer entre o 1 e o 5 de cada mes queremos ver as entradas mensuais, pola contra estámolos a pagar os cidadáns)
4.- Uso do local público de NAUTA por parte do club privado RCN de Sanxenxo sen ningunha contraprestación económica, mentres que os locais anexos de negocios, igualmente privados, pagan os seus alugueres.
ESCANDALOSO!

Na situación actual, como cidadáns, preguntámonos: ante un posible accidente quen sería responsable?, seriamos os veciños ante calquera eventualidade responsables civís subsidiarios?

Pois si, xa pagamos 90.000 euros entre todos para arranxar o barco dun particular e seguimos... Temos datos... Non hai presuposto para necesidades básicas (temos que ver nais loitando na rúa polo diñeiro dos seus fillos adebedado polo Concello) pero pagarían esas neglixencias de empresas privadas como TEAM Campos e RCNS como xa estivemos a facer.

Catro prazas de garaxe das que trimestralmente vencen os seus gastos por contrato Estanse a pagar? Estanse a utilizar a 32,33,34 e 35 asignadas ou máis?, se foren máis, Páganse?

Por iso, suxerimos á Sra Alcaldesa que antes de irse, por ética social, elimine o compadreo que durante anos o seu antecesor e ela mesma mantiveron con esas empresas privadas en claro prexuízo dos intereses dos veciños, e dese xeito demostrar que todos somos iguais ante a Lei.

A loita de SOS PANADEIRA está vinculada á defensa de dúas praias urbanas: Iriña e Panadeira. Por iso, non se opón a ningún convenio que favoreza os intereses xerais, pero non vai ser encubridor de prácticas caciquiles que lamentablemente estiveron instaladas no Porto deportivo de Sanxenxo e que, tras moitos meses de loita, comezan a visualizarse.

Por último, esiximos que a través da páxina web do Concello se fagan públicos todos os convenios e acordos entre as partes, públicas e privadas, dende o ano 2004 ata a actualidade; así como que se elabore unha auditoría externa xurídico-contable que aclare o acontecido neses anos por se dela se puidese deducirse actos delituosos.

Video onde pode observase como com marea baixa o pantalán come a praia:

No hay comentarios:

Publicar un comentario