27 jul 2014

“Marea Atlántica” ou o nauseabundo rastro de Podemos

Xa tardaban: á exitosa aventura electoral do trepa ególatra de Pablo Iglesias con Podemos, o partiducho á súa medida montado co auspicio dunha panda de borregos post-quincemeiros, xa lle empezan a saír clónicos emuladores. E en A Coruña, falta de imaxinación pero non de oportunistas prestos a subirse ao carro, faltoulles tempo de pergeñar unha revisión local e chusqueira de pseudo-partido político buenrrolleiro a imaxe e semellanza de Podemos.

Representantes de "Marea Atlántica" lendo o manifesto
"Marea Atlántica" nace como unha especie de plataforma electoral, de índole municipal, coas supostas pretensións de "poñer as institucións ao servizo da xente", de "rescatar a democracia" do bipartidismo e de "rematar coas políticas ditadas polas elites e o poder económico". Calquera mente minimamente lúcida que supere, aínda por pouco, os dous dedos de frente sabe perfectamente que xamais se poderá acabar co poder establecido a través das institucións creadas por ese mesmo poder establecido.

Xamais na historia se conseguiu nada nin sequera remotamente parecido (e as escasas veces nas que se estivo preto de intentalo a institución militar cumpriu á perfección a función para a que en última instancia foi creada). O estreito márgen que o sistema concede aos xestores municipais, encorsetado por cen mil leis que apuntalan a propiedade, a desigualdade, a inxustiza social e o libre comercio, impedirían calquer intento de cambiar, máis alá da mera cosmética, o estado das cousas. E iso no suposto caso de que alguén estivese de verdade interesado en cambiar algo. Pois moito me temo que a prosaica realidade é que tras desta plataforma se esconden os catro trepillas de sempre tentando meter a patita nas institucións pola porta de atrás e disfrazados de
"marea cidadá". E todo, como non, co beneplácito idiota de moito parvo benintencionado.

Pese a que as propostas desta "iniciativa", polo menos no plano teórico, beben de fontes máis ou menos autoxestionarias, con propostas como o traspaso aos barrios das decisións do concello, a prosaica realidade mil veces demostrounos que estas promesas non son máis que fuegos de artificio. Pese ás posibles boas intencións dalgún dos seus promotores, o que se esconde tras deste tipo de propostas non é outra cousas que o aupamiento ao poder dalgúns trepillas locais, prestos a substituír as rancias caras da política institucional polas súas propias. Jetas menos coñecidas, pero igual de duras que as dos seus competidores. Á fin e ao cabo non é outra cousa que o necesario lavado de cara que o sistema precisa para manter incolumne o "estatus quo". As reformas que ao cabo non fan se non renovar o sistema só serven para conxurar a revolución.

É esclarecedor o feito de que, pese a que desde "Marea Atlántica" manifestan que o seu proceso "ten que saír da cidadanía, non desde organizacións políticas", rápidamente todos os partidos políticos á esquerda do PSOE apresuráronse en aplaudir a iniciativa e en pasear aos seus capitostes municipais polos actos da formación recen nacida. Cousa que, dito sexa de paso, non pareceu molestar no máis mínimo aos promotores da mesma. Á fin e ao cabo aquí do que se trata é de entrar en política pola vía rápida, e non pasará moito tempo antes de que as caras máis visibles dos que agora van de ciudadanistas autoxestionarios adornen os cartaces electorais de partidos máis serios... e con máis posibilidades de ascenso. E se non tempo ao tempo.

Pois así é, por todo o territorio do estado mil supostas iniciativas de "revolución democrática" configúranse a fume de carozo para subirse ao carro da nova post-modernidad democrática. Trepas de todo pelaxe, amparados por cándidos pardillos que de verdade se creen toda esta patraña, empezan a debuxar o novo panorama de regeneración democrática, atraídos polo cheiro do cadáver en descomposición da esquerda tradicional. O sistema necesita refundarse a si mesmo para que todo siga igual. Un novo bipartidismo co PP e o PSOE por unha banda, aliados nunha mesma coalición, e outro partido simpático e buenrrolleiro, aínda por configurar, do outro lado da ecuación. Os aspirantes a politicuchos e mangantes do futuro lánzanse en mandada ao ruedo, non sexa que non saian na foto. Desgraciadamene, dado o aborregamiento social e a falta de visión do común do cidadán, ata lles sairá ben a cousa. A nós, evidentemente, sempre nos terán en fronte.

Ovejo Añejo para Abordaxe.

29 comentarios:

  1. Sólo os puedo felicitar. Cada año sois un poquito más cutres! Enhorabuena!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, muy cutres deben de ser, cuando resultan el portal contrainformativo referencia de Galiza, en el que entras habitualmente. Que fácil es hacer cutrecomentarios anónimos eeeh!!! Escribir un texto para debatir desde una óptica libertaria eso ya es otra cosa, claro, hay mucho que hacer entre el parque Europa y la playa del Orzán.

      ¿Por que no pruebas a hacer un blog "tuerkero" de esos que tanto os gustan? A lo mejor ya lo tienes pero allí no encuentras chicha ni subvención.

      Eliminar
    2. Uy, que se enfadan los ciudadanitos obedientes. Tú qué eres, del BNG, de ANOVA, un desencantado del PSOE buscando filón en el moderno ciudadanismo reformulademocracias o simplemente te aburrías en casa y decidiste venir a tocar los genitales al personal?

      Neo-izquierdosos cobardes con síndrome de Estocolmo, incapaces de reapropiaros de vuestras vidas, entregadxs a una inercia que sólo os lleva a buscar desesperadamente nuevos mesías en quienes delegar cada vez que uno de vuestros amos os decepciona. Sois el sostén de este sistema y su mundo de mierda, y como ya dijo cierto texto mítico:

      ¡Ai ferri corti con la realidad, sus defensores y sus FALSOS CRÍTICOS!

      Eliminar
    3. Para anónimo o propio autor do texto...que por certo, é xunto con algun de vós vexo, quen está encargado de facer a auténtica revolucion...a de ser okupa durmindo na casa de papa/mama..xs demais somos basura reformista...xa o conseguichedes, o anarquismo coruño, ese que ten o portal contrainformativo de referencia na Galiza (o que hai que leer), xa está rozando a construccion de gulags...

      Eliminar
    4. Gulags? Por facer unha simple crítica, imprescindible tendo en conta que isto e un blog anarquista. De que gulags falas? Ti estas flipao.

      Eliminar
    5. Unha simple crítica? Ti sabes leer? O sarcasmo vexe que non o pillas (polo de gulags) o artigo está cargado de insultos e descalificacións á xente que lanzou a Marea... Xa nos están facendo os cartazes para as municipais do 2019 con UPyD, apertas visionario...

      Eliminar
    6. Con UPyD non, pero con AGE, podemos ou co BNG si. E se non o tempo dirá, a ver que pasa no futuro.
      Sobre as descalificacións ainda tedes sorte de que ninguén falou das caixas B que tanto lles gustan a algúns dos representantes das vosas mareas. Chamarlles so trepas e un auténtico alago.

      Eliminar
    7. O dito... Simples ataques persoais e frustraccions pasadas son as que alimentam este sesudo artigo de reflexion, obrigado polos alagos... O tempo dirá quen ten razón, boa sorte!

      Eliminar
  2. Pois eu douvos os meus parabéns sinceros, pola vosa coherencia, valentía e honestidade.

    ResponderEliminar
  3. Vaia, vaia "Marea Atlántica"...soa a un novo grupo integrado en Riazor Blues :)). É curioso cómo todos estes chiringuitos teñen nomes moi futbolísticos: "Podemos", "Marea Atlántica" "Espazo Irmandinho"(Celtarras??) :)).
    Despois xa AGE e Anova soanche xa máis a Bancos ou inmobiliarias...
    Xa cheira a populismo que apetrena, comezando polos nomes...
    Por certo Xandra, A quen parabenizas?? aos surfistas nazis da praia de Riazor chamados "Marea Atlántica", ou aos piratas piraos do Abordaxe?? :))

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Parabenizo a Abordaxe. Prefiro piratas que corsarios...;)

      Eliminar
  4. quanta víscera e que pouco argumento

    ResponderEliminar
  5. Que esperabades, queridos reformistas, isto e un blog anarquista, AN-ARQUISTA (non-goberno). Pensabades que ia pedir o voto para o voso chiringuito? Que, cun silencio cómplice, vos apoiaria tácitamente? Se buscades artigos que canten as vosas alabanzas lede La Voz, La opinión ou El ideal, alí si que vos doran a píldora, vos saberedes por que.

    ResponderEliminar
  6. Quieren reforzar el estado dandole oxigeno.. pablos iglesias sois el enemigo... contra la tv-democracia de frikis... vota belem esteban....

    ResponderEliminar
  7. Uy no, los anarquistas no son dogmáticos. Tienen un dogmatismo que no es dogmático.

    ResponderEliminar
  8. Entón, por exemplo, o que se acadou en Marinaleda, pleno emprego e pleno traballo, é algo enconsertado no estado e non serve para nada.

    A ver que conseguides vos coa vosa loita contra o sistema. A ver canta xente vos apoia coas vosas soflamas.

    Xa que falades de historia, XAMÁIS unha revolución anarkista acadou o seu obxectivo. XAMÁIS. As únicas revolucións que triunfaron foron comunistas ou socialistas, ou a de Ghandi, que aínda non sei moi ben se triunfou. Entón, ides deixar de intentalo?. Ou é que as vosas soflamas so valen para os demáis?.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E iso o dis escrebendo nun blog de Google.Todo moi revolucionario, pero de postal, dos que sólo din e logo non fan nada, ou o din dende un smartphone. Así chegaredes a tumba e teredes un bonitiño epitafio "él sí sabía como facer as cousas, e así pasou a súa vida". Nom veñades con pamplinadas de rapaces que viron moita película.

      O primeiro, Marinaleda é un exemplo de que se poden facer cousas cosa limitacións dun concello. Qué esperabas, que nun concello se trocara o mundo?. Que se solucionara a fame do mundo?. Mellor Marinaleda que Madrid, e mellor tem empleo que non telo, porque sen emprego non tes de qué vivir, e se non tes de qué vivir non és libre.

      Ah, que eso é inxusto, ben, pero para empezar a cambialo hai que dar exemplos de que as cousas se poden cambiar. Igual tí pensas que meterse nunha barricada con catro mataos pode cambiar as cousas. Sí, polo carallo. Dille á xente que vaia a túa barricada, verás que ben. Pero dalle exemplos concretos á xente e verás como ao final sí podería estar na barricada. Pensar que eso pode pasar dun día para outro é pueril. E como dicides, nunca pasou. XAMÁIS. Qué conseguiron as movilizacións de Grenoble?. Ónde está agora Francia?. Non sexas iluso, anda.

      Mira, a revolución rusa foi un longo proceso de 1905 a 1922. E non foi unha revolución anarkista. Aos anarkistas traizoáronnos os do exército vermello. Foi unha revolución con moitas ideoloxías, pero partindo do Marxismo Leninismo. Socialista?. En parte, tamén comunista. O que non foi é anarkista.

      Ghandi o puña de exemplo de que acadaron os seus obxectivos en parte, gústeche ou non foi outra revolución. E non foi tan pacífica como dis, pero tampouco foi anarkista. Se leras ben, que non o fixeches, decataríaste de que estaba a citar revolucións que tiveron éxito (no caso de Gandhi é discutible ese éxito), e ningunha foi anarkista e ningunha delas foi coa xente saíndo ás barricadas sen máis. Cuba, o mesmo.

      Temos tamén o exemplo da Revolución francesa o onde levou.

      Todas elas lograron derrotar ó sistema que estaba entón. Na URSS, pasaron dun sistema no que a xente morría de fame a un sistema que deu pan, traballo e teito para todo o mundo. Alfabetizou, deu sanidade, deu educación... e tamén deu carencia de liberdades.

      Pero todas elas, remataran ben ou non, son exemplos do que pasou no pasado. E os temos ahí. Saca as conclusións que queiras, pero foron as revolucións que aconteceron no pasado. Algunha anarkista?. NON. Entón, qué carallo dicides de que dende o sistema nunca se cambiou o sistema?. Porque según o que dis, tampouco se cambiou dende fora. Na URSS cambiaron un sistema por outro. Con xente que loitou, tamén contra a xente coma tí, os de fear sempre calqueira intento de cambiar as cousas. Con moita merda teórica que non serve para nada máis que estar moi contento de coñecerse a si mesmo, e seguir sendo un grupúsculo de xente moi "revolucionaria"... que non fai máis que tocar os collóns.

      Pos nada meu, segue coas túas soflamas botando merda de todo os que intentan cambiar as cousas, e así seguirás, sendo un puto amargado que non aprendeu nada da historia.

      Apártae tí, saíde do medio e marchade para unha puta cova. Ata os collóns de toda esta puta merda ignorante e chea de razón.

      Sae á rúa cunha puta AK47, a ver canta xente te sigue.

      Pánfilos do carallo

      Eliminar
    2. palabriñas son espellos:
      "collons","carallo", "puta"... Menuda forma de quedar en evidencia. Cal é o sitio qe tedes reservado para a politica social vinculada co xenero femenino?
      ou inda mais,Cal é o sitio reservado para os machos alfa tan carregados d testosterona?

      "joder", "putamerda".... vaia mareona, vaia. non vos vai a sinxelo marear á xente. pandilla de surfistas!!!

      Eliminar
    3. Xa te digo este vai cambiar o mundo co seu "carallo" e "collons"
      axudado polo seu arén de "putas" con Pablo Iglesias,Negri e Ghandi,a URRS como sistema autoritario de referencia e os quincemeiros como base social. Pero qen carallo se come iso??
      De qe ides?? nin ti o sabes, nin os teus lideres qeren qe o sepas.

      O anarquismo esta cheo de "feridas" no presente, proba de que esta moi vivo, viviño!!
      Soamente non teñen feridas os cadaveres, con consenso, sen autocritica...
      Non ouvo unha soa revolucion socialista qe non fracase para adecuarse ao capitalismo e tornarse nun sistema ultrautoritario qe supostamente os prpios gobernos e proletarios encarregarianse abolir. Para cando??? xa estades tardando...
      se despois de decadas o que hai e qe agardar a qe os gobernos desaprendan e volten ao marxismo simplemente como metodo de analise(qe soamente cando serbe para algo). eu paso de Fidel, Hugochavez,Lenin, Mao ou incluso Ghandi e as suas " longas noites de pedra" , paso de travesias no deserto e galsos profetas qe veñen coas taboas de moises, para cadar cartos ou terapia social

      Eliminar
    4. A ver meu.

      Non vou respostar a todo o teu comentario porque, sendo sinceiro, non teño tanto tempo como para perdelo contigo. Alén, vin algo na túa paupérrima réplica perante o que non podo ficar calado, cuestión de orgullo, ego, non che sei, chico, pero non me sae do carallo calar...

      Dis:

      "Qué conseguiron as movilizacións de Grenoble?. Ónde está agora Francia?"

      O caso de Grenoble mencioneino únicamente porque é o contexto no que se centrou a distribución do texto que te invitei a ler, pero cuio contido (que dubido que leras, a verdade) non ten nada que ver con esa movilización en concreto máis alá da crítica ó enfoque ideolóxico e metodolóxico de dita loita, neste caso a protesta contra a reforma do sistema de pensións. Ti polo visto prefires evitar toda análise constructiva e seria do contido do texto e limítaste a preguntarme a min que se conseguiu en Grenoble e como está Francia agora, coma se eu nalgún punto do meu comentario falase de resultados (repítocho, pese ós teus aparentes problemas de dislexia, só falei desa movilización en particular para contextualizar un texto que che estaba invitando a ler).

      Ademáis, preguntas "como está agora Francia?" e eloxias a URSS. Que pasa, en Rusia a propiedade privada ou que? Curiosa a vosa doble vara de medir eh?

      Eu é que me excarallo contigo...Por outro lado, que digas que non houbo revolucións anarquistas só amosa a túa ignorancia. A Majnovschina ucraniana, ou a revolución do 36 no Estado español (ambas traizoadas e aplastadas en conxunto pola represión fascista e stalinista) non contan?

      Ai meu rei, o día que abrades os ollos e vexades que hai vida máis alá das vosas repetitivas, inofensivas e autorreferencias cupuliñas de plataforma... todo haberá de mudar. Ata entón, como xa che dixen, fai o favor e quitade do medio dunha vez, graciñas.

      PD: Xa que te animas tanto a insultarnos con toda clase de adxectivos despectivos, poderías ter a dignidade de dar a cara ou polo menos de non facelo agochado no anonimato, cobarde, que eres un cobarde. E isto non é unha ameaza (como te dixen, non vou malgastar forzas nin tempo con un pailán coma ti que non ten a menor idea do que fala máis alá do seu cutre discurso toninegrista memorizado). É só unha observación da mágoa que das actuando deste xeito...

      J., de A Rebelión das Palabras, por se quedan dúbidas.

      Eliminar
    5. Corrixo algúns erros no meu comentario anterior, froito das presas:

      - Cando puxen "e eloxias a URSS. Que pasa, en Rusia a propiedade privada ou que?"

      Quería dicir "en Rusia ABOLIRON a propiedade privada ou que?". Cominme unha palabriña.

      - Cando falei de que a Majnovschina ucraniana foi esmagada tanto por fascistas como por stalinistas, iso non é de todo certo (de feito, columpieime bastante). Realmente, non foi Stalin senon Lenin quen daquela esmagou a revolución de Néstor Mackhno e xs seus en Ucrania. Ó mesmo tempo, non foi o fascismo, senón a propia burguesía aínda latente no conflicto quen, en paralelo ós bolcheviques, axudou a aplastar todo soño revolucionario.

      Desculpade por este erro. Fóiseme a pinza. Isto pasa por estar a varias cousas á vez...

      Eliminar
    6. En resposta a:
      "Igual tí pensas que meterse nunha barricada con catro mataos pode cambiar as cousas. Sí, polo carallo. Dille á xente que vaia a túa barricada, verás que ben. Pero dalle exemplos concretos á xente e verás como ao final sí podería estar na barricada. Pensar que eso pode pasar dun día para outro é pueril."


      O materialismo de Marx ensinounos que son as condicións materiais, e non a conciencia, a que conduce a historia. Con todo, é un feito que aínda aceptando esta tése, a súa formulación é insuficiente: sendo as condicions materiais de revolta obxectiva case universais, a irrupción insurreccional é excepcional, e na maioría dos casos inexplicable sen atender a elementos que o marxismo denomina superestructura: situacións históricas, accidentes políticos, fenómenos culturais. Desta forma podemos valorar moitas das explosións sociais das últimas décadas, como a de Los Ángeles en 1992 ou o outono quente de Francia no ano 2005. Incluso as máis recentes do barrio burgalés de Gamonal ou o catalán Can Vies. Explosións populares nas que os propios protagonistas reapropianse da súas vidas recoñecéndose no cuestionamento integral das súas condicións de existencia, sen delegación de ningún tipo, e sin aceptar o taboleiro de xogo do Estado-Capital. Porsuposto rexeitando o parlamentarismo como vía delegacional e morta, polo tanto totalmente antilibertaria dende o punto da autonomía individual:principio básico de toda transformación social antiautoritaria. Como dicía un artigo interesante que se pode ler por ahí "a revolta será antiautoritaria ou non será nada".

      Eliminar
  9. Punto número un: Marinaleda e un pequeno pobo de 2500 habitantes, sen industria nin tecido productivo ningún, non lle importa un carallo as élites e por iso segue ahí, dando chollo a xente cos cartos municipais (cousa moi loable pero imposible nun lugar máis grande). A Coruña xa é outro conto. Métete ti nos intereses de Amancio Ortega, por poñer un exemplo, ou intenta redistribuir aquí a riqueza e verás onde chegas. Para iso fixeron as leis.
    Segundo: Na tua comparativa de revolucións anarquistas que non conseguiron o seu obxectivo coa vosa aventura electoral confundes os conceptos: a ideoloxía coa metodoloxía. As revolucións anarquistas fracasaron porque os fusís reaccionarios (de esquerda e dereita) as aplastaron, pero a metodoloxía empregada (a revolucionaria) foi a mesma que a de outras revolucións de outros signos que si triunfaron e son de provada eficacia. No caso das urnas, o que se critica no artigo, non se trata da ideoloxía que hai detrás, se non de que a metodoloxía (o cambio dende dentro do sistema) é unha trampa, nunca se pode cambiar nada deste xeito porque as cartas están marcadas, e un callejón sin salida. Mil intentos en mil paises, con diversas ideoloxias, sempre conduxeron a itegración no sistema, nunca a cambialo dende dentro.
    Terceiro eso de que a revolución rusa foi socialista e comunista pero nada anarquista e unha falacia. Deberías ler un pouco máis e lecturas máis plurais.
    Cuarto: toda esa merda que dis aquí dos anarquistas e todos eses insultos non tes valor para dicirnolos a cara nas rúas. Que aquí hai moito exaltado de pantuflas e albornoz.

    ResponderEliminar
  10. ATENCIÓN!!! Abordaxe non é un foro, é un blog de contrainformación e análise de ideoloxía anarquista. A ferramenta dos comentarios só parécenos útil na medida que complete a información ou propicie un construtivo debate. As liortas tabernarias, as descualificacións gratuítas e as alusións persoais non teñen cabida aquí, e moito menos as referencias despectivas ao ideal libertario. A partir de agora borraremos os comentarios que dende a administración consideremos oportuno eliminar. Se é preciso mesmo deshabilitaremos a opción de realizar comentarios. Quedades avisados.

    ResponderEliminar
  11. Poucxs pero loucxs31 de julio de 2014, 14:52

    Outras duas aclaracions:

    É unha manobra inxusta e demagoxica
    definir Abordaxe como umha publicacion esclusivamente coruñesa, e qen o fixo o sabe.

    detodolos xeitos aplaudo esta iniciativa de artigo. Abordaxe non soamente esta para informar. tamen esta para qitarlle a mascara a todos os defensores desta absurda paz social e tamen aos falsos opositores e parasitos varios. É unha laboura de hixiene que ben poderia e deberia ir mais lonxe por parte dos ácratas.
    outro punto interesante seria qe pasaria se ouvesemos publicitado esta plataforma politica, enton xa non seriamos uns "acratas dogmaticos", seriamos os "valentes compañeiros libertarios".

    Facedes a mesma definicion qe o Estado nos mesmos compartimentos estancos:antisistema malos-libertarios caladiños e con complexo d inferiroridade son os bos.
    E non aceptades a critica da vosa metodoloxia, nin sequera un bo chiste. qen é o dogmatico?

    Que eu sepa ninguen dixo nin fixo nada para censurar os vosos insultos ou a vosa defensa hipocrita de "marea fanatica" vos ben qe podedes falar aqui, incluso ata trollear noutras novas cona vosa bilis e porsuposto podedes debatir en condicions,faltaria mais!
    pero isto ultimo xa depende de vos e vosa estulticia mental.

    outra cousa. Ghandi era un malnacido, qe lle pregunten aos paquistanis. veña, conta o papel de ghandi, conta...
    confundides ideoloxiacon metodoloxia. Pero nada, vos os politicos universitarios ides iluminar á xrente coas vosas bombillas fabricadas nas carreiras promocionadas polo sistema. aplastar aos lumpen por desclasados e á casta politica qe ocupa o voso ansiado espacio.

    É si, é certo, cara a cara non vos atrevedes a nada.
    toda a miña hostilidade e ostialidade con esta xente...incluso mais ala da ostialidade.

    haaaalaaa compas, xa podedes qitar os comentarios. porque isto é unha ameaza en toda regla.

    ResponderEliminar
  12. Bon, para ser xustos hai que dicir qe a intencion do artigo e boa e ata hixienica. Pero a calidade mais ben escasa. Construtivamente o digo. Notase que esta. escrito ao correr

    ResponderEliminar
  13. O parlamentarismo é unha brincadeira vella e aburrida. Escepto para qen vive ou pretende vivir del ou usalo como alimento da megalomania

    ResponderEliminar
  14. O materialismo de Marx ensinounos que son as condicións materiais, e non a conciencia, a que conduce a historia. Con todo, é un feito que aínda aceptando esta tése, a súa formulación é insuficiente: sendo as condicions materiais de revolta obxectiva case universais, a irrupción insurreccional é excepcional, e na maioría dos casos inexplicable sen atender a elementos que o marxismo denomina superestructura: situacións históricas, accidentes políticos, fenómenos culturais. Desta forma podemos valorar moitas das explosións sociais das últimas décadas, como a de Los Ángeles en 1992 ou o outono quente de Francia no ano 2005. Incluso as máis recentes do barrio burgalés de Gamonal ou o catalán Can Vies. Explosións populares nas que os propios protagonistas reapropianse da súas vidas recoñecéndose no cuestionamento integral das súas condicións de existencia, sen delegación de ningún tipo, e sin aceptar o taboleiro de xogo do Estado-Capital. Porsuposto rexeitando o parlamentarismo como vía delegacional e morta, polo tanto totalmente antilibertaria dende o punto da autonomía individual:principio básico de toda transformación social antiautoritaria. Como dicía un artigo interesante que se pode ler por ahí "a revolta será antiautoritaria ou non será nada".

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E tamén a revolta grega no 2008. Non vos esquecer

      Eliminar