Reproducimos esta noticia (e traducimos) da CNA (península ibérica e illas):
O estado español tortura e asasina, ningunha novidade, só varían determinadas cifras entre ano e ano. Pero sempre figura entre os estados líderes da unión europea en xente encerrada. Oficialmente, 66.995 persoas presas ao final do 2013. Un 13,8% delas en prisión preventiva.
Sorprendentemente, a fonte da noticia de hoxe é o último informe de "El Defensor del Pueblo", que o podedes ler enteiriño a través deste enlace. A condesa pepeira Soledad Becerril presentouno hai uns meses. O estado págalle unha fortuna para iso.
O 92,38% das persoas presas segundo o informe eran homes, o 7,62% mulleres. A condesa pepera (non ignoremos que o PP non condenou nunca o franquismo; claro, iso non é terrorismo...) recoñece que en 2012 a "taxa de mortalidade" nos cárceres do criminal estado español foi superior á de 2011 e situouse en 2,78 mortes por cada 1.000 persoas presas. 166 persoas presas "morreron" nos centros de exterminio do estado... oficialmente. Aí non se contan seguramente a xente á que sacan e morre aos poucos días...
Suponse que o tráfico de drogas é ilegal, ata para os aforados. Suponse que os cárceres están totalmente vixiados, con cámaras e todo, que son de "máxima seguridade" e que nelas hai carcereir@s (que por suposto non venden drogas... nin hai ningún preso por ese feito, claro)... e, pese a todo iso, en 2012 houbo 31 "mortes" por sobredose de drogas. Un 18,7% do total de falecementos e a segunda causa tras a "morte natural por causas distintas do VIH", na que se agrupa o 57,8% dos falecementos habidos. A diferenza entre a taxa de mortes "por causa natural" entre as prisións e a rúa é abismal, sospeitosamente.
Á sida atribúense, en cambio, o 5,4% das "mortes" do total. A terceira causa de "falecemento" en prisión é o "suicidio", 25 casos, o 15,1% dos falecementos. A idade media dos que non saían con vida tras estar entre reixas en 2012 situouse en 46,5 anos, fronte aos 45,6 de 2011... Todo isto nos contaba a prensa burguesa hai uns meses.
541 queixas dende prisión recibiu a condesa; 49 actuacións de oficio nesta materia, dez máis que o ano anterior; mátanse a currar os parasitos. O resto de queixas, ao lixo.
E sobre a lei que aprobaron, recomendámosvos leades isto.
A loita é o único camiño... e vai ser dura a loita para que estas leis fascistas e @s mercenari@s que as aplican non nos afecten. E será case imposible que @s xornalistas ao servizo do seu amo non nos criminalicen; vívese mellor lambendo os xenitais de quen manda e non tendo ningunha clase de ideal máis que o diñeiro. Pero como non temos medo, ningunha lei debería pararnos. Sempre estivo clara a solución: Revolución. E aplicar unha fórmula para a cal non hai que ser licenciad@ en matemáticas:
Morte ao estado, e viva a anarquía!.
E que isto non quede só en palabras, nin en pantallas de ordenador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario