20 jun 2014

O negocio do sofrimento e a morte: Novartis vende a Glaxo a súa unidade de medicamentos contra o cancro


A multinazional farmacéutica suiza Novartis está transformando a súa empresa coa compra do negocio de medicamentos contra o cancro a outra multinazional asasina, GlaxoSmithKline, por 16.000 millóns de dólares, e tamén a venda do negocio veterinario a Eli Lilly, outra multinazional asasina. Estas empresas especulan e pudrense de diñeiro gracias ás enfermidades de persoas e animais. Por suposto, transxénicos, biotecnoloxía, experimentación animal, e non se sabe cantas cousas que parecen de ciencia ficción pero que xa son unha realidade que salvo que aparezan Snowdens ou Wikileaks, nin nos enteramos.

Estas operacións capitalistas especuladoras, anunciadas en Abril, responden a un presunto cambio de estratexia da empresa criminal.

O terrorista consexeiro delegado de Novartis, un tal "Joe Jiménez", explicou que a multinazional centraráse en negocios explotadores innovadores a escala global. "También mejorarán nuestra fortaleza financiera, y esperamos que supongan un avance inmediato de nuestras tasas de crecimiento y márgenes", engadiu. Queren forrarse máis e máis, con o apoio da Unión EEUUropea, C.I.A., e todo o gobierno paralelo que sofrimos e que non sae na tele... senón que a posúe.

Novartis compra a filial de produtos oncolóxicos. Ademáis, venderá a Glaxo a súa unidade de vacinas, escepto as relacionadas coa gripe, por 7.100 millones de dólares, máis as patentes, menuda mafia. Mentres tanto, nunha operación paralela, Novartis acordou vender a súa unidade para forrarse a través da saúde dos animais a Eli Lilly por 5.400 millóns.Estas operacións supoñen unha reorganización tamén para a criminalidade de Glaxo, que ten previsto repartir 4.000 millóns de libras a os seus accionistas despois dos cambios... estará Greenpeace, ou PETA, entre as accionistas?

Glaxo colocaráse nos lugares punteiros do negocio de "consumo de saúde", pero deixará a un lado as súas aspiracións de convertirse no líder global en oncoloxía, é dicir, forrarse a costa das persoas que sofren cancro. O grupo dixo que no futuro xestionará un negocio equilibrado centrado en productos de consumo (pastas dentífricas, productos sen prescripción médica e bebidas "nutricionais"), vacinas, medicamentos respiratorios e de tratamento do VIH, que en conxunto suporá un 70% dos seus ingresos.

Ademáis, Novartis e Glaxo formarán unha alianza en produtos de consumo con ingresos de 10.900 millóns de dólares. Glaxo posuira a maioría do capital da sociedade, na que se incluirán marcas como o analxésico Excedrin e a pasta de dentes Sensodyne. As vacinas que compra Glaxo inclúen Bexsero (meninxíte) e Cervarix (papilomavirus).

"Hay pocas oportunidades como esta de construír una alianza como esta", dixo nun comunicado o conselleiro delegado de Glaxo, Andrew Witty. Xa sabedes, a patronal, neste caso esta mafia que inunda as súas piscinas co diñeiro da xente enferma e d@s consumidor@s inconscientes (observade en cantas casas por exemplo pode atoparse a pasta de dentes Sensodyne), soamente entenden unha lingua... BOICOT, BOICOT, FOLGA E SABOTAXE!!!

Tirado de veganxs.blogspot.com e traducido por Castrón para Abordaxe-blog

No hay comentarios:

Publicar un comentario