24 jun 2014

[Italia] Accións solidarias con as prisioneiras do 3 de xuño en Milano. Nicolò Angelino en greve de fame

Rediriximos a esta entrada de ContraInfo (es) que recolle de InformaAzione e de Macerie, un amplo relatorio das accións solidarias en diferentes cidades e vilas italianas con as detidas en 3 de xuño, da que vos informaramos en Abordaxe. Ademais traducimos esta outra noticia desde ContraInfo (es) sobre informacións de InformaAzione (1 e 2) sobre a greve de fame de Nicolò Angelino, preso nesta redada de Milano e unha carta súa desde o cárcere de Le Vallette desa cidade:

Informáronnos de que, o martes 17 de xuño, Nicolò Angelino preso da operación do 3 de xuño contra as realidades en conflito de Torino, decidiu como forma de motín non volver entrar na cela despois da hora de patio. Os carcereiros levárono en peso á cela e o inspector ameazouno con facerlle un "parte". Nicoló leva en folga de fame dende o mércores 18 de xuño reivindicando o seu desexo de que o saquen fóra deste illamento de facto, no módulo D do cárcere de Le Vallette. Segue unha carta súa do 15 de xuño:

Domingo, 15 de xuño de 2014, cárcere de Le Vallette, Torino.

Chámome Nicolò Angelino. Fun arrestado o martes, 3 de xuño en Torino durante unha operación policial que pretendía derrubar a aventura máis bonita da miña vida.

Va ilusión da fiscalía.

Dende ese día, estou encerrado nunha cela individual do bloque D. Limpa, repintada e perfumada. Dá náuseas. A blindaxe está aberta pero o enreixado está pechado 23 horas ao día. Ábrese e vólvese pechar só cando saio á miña hora de patio.

Falar cos demais presos a través dos barrotes é interesante e, a pesar de que son moi simpáticos, a incomodidade é visible por ambas as dúas partes. Aquí, na miña planta, non teño cómplices nin esperanzas de encontralos. Algúns están é illamento baixo terapia 24 horas ao día, os demais, aos que vexo, están a traballar. Teñen o máximo de privilexios que unha Administración Penitenciaria pode ofrecer e non se a xogarán por min.

As acusacións que se me imputan polas que estou sometido a medidas preventivas son tan leves que falan por si soas: estou detido e sometido a un réxime para-especial polas miñas ideas, para illarme, facerme inofensivo e impedirme loitar.

Mañá, luns, 16 de xuño non volverei do patio voluntariamente para intentar que a miña cela estea aberta durante o día ou que me trasladen a un módulo común. Farei o mesmo durante dous días seguidos. Se, durante esta protesta castígaseme con illamento ou a prohibición da hora de patio ou mesmo non obteño o resultado esperado, o mércores 18, comezarei unha folga de fame. Non porque as miñas condicións de encarceramento sexan inhumanas, contrarias a calquera convención de dereitos humanos ou porque o como me tratan é un abuso da administración penitenciaria senón porque simplemente non me parece ben.

Xa non teño ganas de pedirlle ningún carcereiro se me poden dar froita. Quéroa coller eu, cando queira, como fan os demais. Quero falar cos demais presos sen barrotes de por medio.

Sei que o instrumento da folga de fame non me vai levar a un terreo de loita excitante. Pero neste illamento, con esta ausencia de cómplices e o extrapoder dos gardas, é o único instrumento que pode compensar un pouco a relación de forza cos meus carcereiros.

Loitarei coa cabeza alta e estando seguro da vosa calor, coa mesma rabia e a mesma serenidade que noutros tempos e lugares nos lanzamos cara a océanos en tempestade moito máis grandes que a poza na que me encontro.

Salga por onde saia, este pouco auga rematará no mesmo mar e non importa moito se obteño ou non o que quero.

Só quero vivir loitando.
Un abrazo caloroso a todxs xs presxs.
Liberdade para todxs.
Lume aos cárceres.


Nicolò Angelino
C.C.Via Maria Adelaide Aglietta, 35 -10151, Torino (Italia)

No hay comentarios:

Publicar un comentario