29 abr 2014

[Nafarroa] Operación Saída ao TAV: Mugitu decora paneis publicitarios.



En Nafarroa, e en todo o que ven sendo o Pais Basco Sur, levan ben tempo facendo unha loita contra o AVE (TAV), ese é o caso do movemento de acción non violenta Mugitu! Mugimendua, que promove a desobediencia civil dende maio de 2010 e que ten realizado dende entón un gran número de accións e campañas, entre elas o mediático Tartazo a Yolanda Barcina, presidenta do goberno foral de Nafarroa. Agora vimos de saber que hai unhas semanas, en visperas das feiras da Semana Tonta, membros de Mugitu aproveitaran ditas datas festivas para decorar 5 grandes vallas publicitarias con mensaxes de oposición ao TAV nas estradas de Tafallaldea e Ribera.


Con estas accións Mugitu Mugimendua denuncia, unha vez máis, o absurdo do TAV, e esixe ao goberno navarro a paralización das obras en marcha na zona da Ribeira. Mediante a colocación dos paneis informativos quérese destapar a falsidade da mensaxe de que o TAV carrexa benestar social, progreso e riqueza económica. De feito este proxecto xa se está convertendo nunha pesada lousa por ser sinónimo de débeda, déficit e dilapidación de gran cantidade de recursos públicos.

Isto sucedeu en Nafarroa entanto a prensa oficialista recollía os aforros na linha do AVE que, se non se pode evitar, vai chegar a Galiza provocando desfeitas irreparabeis e eliminando as vías férreas de sempre. De feito, un deses aforros terá lugar no mítico Padornelo (límite histórico entre o reino da Galiza e o de Castela), onde os trens de alta velocidade reutilizarán o vello túnel de seis kilómetros construido nos anos vinte do pasado século por 400 presos políticos. Mais non será o único lugar onde Fomento aforre na liña Madrid-Galiza e así muitos tramos serán de vía única, con o que as vacuas promesas de velocidade serán incumpridas, e a liña do AVE ao final só servirá para que se forren uns cantos amigos do poder e facer un medio máis caro e elitista, ademais de destructivo con a natureza e os xeitos de vivir e relacionarse. De feito hai informes técnicos que sinalan que o paso por Ourense será un "colo de botella inadmisible nun proxecto de alta velocidade desta envergadura no que os trens deberán reducir a súa velocidade por debaixo dos 100 quilómetros por hora"

Máis información das accións de Mugitu no seu blogue

Máis fotos desta acción na web Ekinklik.org

eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario