Recollemos de Tokata estas novas reflexións de Esperanza, a nai de Emanuel, na que pon, outra vez (*), en cuestión o acontecido con o seu fillo e denuncia o que ocorre nestes cárceres para nenxs:
Cada vez que leo máis e máis comentarios sobre os sucesos acontecidos no centro de menores de Albaidel, non podo imaxinar como poden ter ese centro aberto. Ao meu fillo, Emanuel Gómez Patiño, segundo o persoal do centro, encontrárono aforcado no seu cuarto. Cando nos deron a noticia resulta que intentaron reanimalo e chamaron ao SAMUR e dende o hospital informaron que faleceu. Non pode ser máis probable que segundo hai versións de que técnicos e educadores sofren de depresións, e ao ver que o meu fillo non deixaba de chorar, supostamente, se lles pasase a man para facelo calar e supostamente rematasen coa súa vida?
Lin un comentario onde di que neste mesmo centro houbo abusos sexuais a rapaces internados en Albaidel. Ao meu fillo intentaron violalo, se non é que chegaron a violalo de verdade, noutro comentario. O meu instinto maternal dime que o meu fillo non quitou a vida, falei con el un mércores e o luns coa carta emitida polo meu avogado debería estar en La Cañada. Tamén tiña unha chamada gardada das dúas ás que teñen dereito que lle dixen que utilizase para chamar á súa avoa ao que me contestou que a tiña reservada para falar co seu irmán e os seus sobriños, tamén me dixo que o chamásemos outro día ás dúas, tamén me deu ese mesmo día a dirección do centro para que lle enviásemos fotos dos seus sobriños ao que a nai lle contestou: "cando chegue a carta, cariño, xa estarás en La Cañada".
Ao dicirme o meu fillo que estaba castigado díxenlle "aguanta, cariño, aguanta e le moito, así pásasete o tempo", tamén lle dixen que me pasase coa monitora que estaba ao seu lado e díxenlle: "coiden do meu neno por favor", ao que me contestou "non se preocupe, porque cando os castigamos lle quitamos os cordóns e cintos e ademais no cuarto só hai un colchón". Que non, que non, que o meu fillo non se quitou a vida, era un neno moi querido por todos, e tiña cantidade de amigos que o estaban a esperar. Porque, á parte de que o traían para La Cañada, lle faltaban 10 ou 12 días para saír de permiso. Tamén o estaba a esperar a súa noiva, que estaba a desexar que saíse, porque ela non podía chamalo ao centro.
Aproveito dende aquí, para darlle as miñas mais profundas condolencias a toda nai que perdeu un fillo, porque ninguén pode saber a dor que se sente. Como tamén se tiraron máis de 4 meses, para que informasen o meu avogado, e con todo e iso, aínda lle faltan probas. E digo eu, Por que se escudan en que a noticia non saíu en ningún medio de comunicación porque era menor? Acaso a nena Asunta, que en paz descanse, non era menor? E os nenos de Córdoba, tampouco eran menores? Aí hai algo que non me cadra, Que estarán a esconder?
Nós somos de Puertollano (Ciudad Real), por iso díxenlle ao avogado que me fixera o escrito para traelo preto de nós, por vínculo familiar e así poder velo todos os fins de semana, falei coa súa señoría o xuíz de menores para que me explicase que podía facer para traermo dese centro, a súa señoría portouse moi amable e díxome: "a que pode pedir o traslado para La Cañada, é o seu técnico de reforma" (CARMEN) que estando o meu fillo en Albacete, o torturaba psicoloxicamente, dicíndoo: "ti non vas saír de aquí e nin o teu pai nin a túa nai nin o teu avogado van sacarche de aquí, vas a comerte aí os 6 meses", e todo porque o meu neno lle dixo por teléfono, que a súa nai collera un avogado para sacalo de alí, e a partir de aí non facía nada máis que torturalo por teléfono, ata chegou a dicirme o meu fillo que non quería falar con esa muller, eu díxenlle que non lle fixese caso, moito antes, tiven que falar eu con ela polo que me dixo a súa señoría, de que era a que podía pedir o traslado, posto que por esas datas estaban os avogados de vacacións, entón non me quedou outra que dicirlle a esa señora, que me fixese o escrito porque así mo dixo a súa señoría, ao que esta señora... contestoume dicíndome que fixese eu o escrito, ademais de deixarme por embusteira, dicíndome que a súa señoría non era un xuíz senón unha xuíza, á parte disto, quero deixar constar, que se a súa señoría mandou a Albaidel ao meu fillo falecido, foi por orde da xunta que fixeron e na que participou esta clase de señora, que sabendo que alí non había módulo terapeútico, que era o que necesitaba o meu fillo, habendo outros centros, como por exemplo Guadalajara, mo mandou ao peor e máis afastado. Non podo chegar a comprender como poden contratar persoas, que non teñen nin puta idea de educar aos nosos menores que son o futuro do mañá. ABONDA XA DE ABUSOS! Que para que esta persoa estea detrás dun mostrador tocando os narices, hai persoas moito mais cualificadas para que ocupen o lugar que está a ocupar ela, que non o merece, por maltratar o meu fillo psicoloxicamente, e a saber a quen máis. (Carmen, técnico de reforma de menores, da rúa La Paloma de Ciudad Real). Só te desexo que pases a mesma dor que estou a pasar eu, e que Deus che dea o teu merecido.
Esperanza Patiño
(*) Máis información en Abordaxe: Carta Aberta da nai dun meniño morto no Centro de Minores Albaidel (Albacete)
No hay comentarios:
Publicar un comentario