Onte e hoxe foron os días máis importantes das nosas vidas. O xuízo rematou hoxe ás 2, un dia antes do previsto. Saímos coa impresión de que saíu bastante ben. Lamentamos que non haxa moita información nin contasemos que tal estaba saíndo o proceso, mais foi moita tensión e cansanzo acumulados.
De todolos xeitos temos unha síntese escrita de todo o xuízo, mais ou menos, que subiremos nestos días.
Pola nosa parte (a de Adrián e a da defensa e testigos da defensa) fixemos todo o posible pra pór fin a este pesadelo. Polo menos tivemos opción a defendernos, non como sucede noutras moitas ocasións.
Agora a agardar e ver que pasa. Será unha impaciente espera.
Gracias a toda a xente polo apoio recibido!
Alea jacta est!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario