4 mar 2014

[Clásicos Populares] Madame Germen

             
Madame Germen surxe no seo dunha importante escea neo-crust orixinada por outras grandes formacións deste xénero, como os míticos Ekkaia. Comezaron a súa andadura dando varios concertos na Galiza e o resto do Estado español e tamén realizaron unha xira europea. Durante a súa corta pero contundente traxectoria, entre o ano 2002 e o 2005, Madame Germen editou 3 discos, "As cicatrizes do paraíso" (2003), "Que a fame de justiça acorde a nossa sede de vingança" (2004) e "Invocación á morte" (2005). No ano 2006 algúns colectivos de distribución anticomercial editaron de forma póstuma os dous primeiros traballos da banda nunha compilación na que ademais engaden un directo en Gotteborg(Suecia), esta compilación foi distribuída por varios países da Europa e tamén de Suramérica. Madame Germen facturaron a súa propia forma de entender o crust, aportando motivos melódicos que incluén violín e outros instrumentos acústicos, e expresándose en galego. Atmósferas escuras e voces desgarradas onde pesimismo e esperanza se misturan. A decadencia da sociedade tecnoindustrial, A explotación masiva da terra e os animais, ou o control social son temas recorrentes nas súas cancións. Nesta entrega dos nosos "Clásicos Populares" traemos o tema "O mecanismo do medo" pertencente ao seu primeiro traballo (engadimos a súa letra escrita para mellor entendemento).

"Perséguenos a apatía como a sombra ós corvos... vampiros que tornan o neboeiro de cor... cos punzantes misterios da falsa conciencia... as despóticas leis da evolución diríxennos coas súas neuroses... diríxennos cara a suicida existencia artificial... seguridade que descompón en vómitos os corpos... para sustituílos por máquinas capaces de sentir o mesmo que xs humanxs... capaces de sentir o mesmo que xs humanxs... ¿ti tamén tes medo?,¿ti tamén tes medo?, ¿ti tamén tes medo?,¿ti tamén tes medo?.... úsano para xerar temor... o desolador temor a errar... ¿quen estandariza os teus temores?... ¿que estandariza os teus valores?... as violentas agresións da relixión ao espíritu... do capital ao traballo e do Estado á liberdade..."

Unha reportaxe de Emiliano Tocata & BesosyBombas para Abordaxe-Blog.

Se Radio Nazional de E$paña ten os seus "Clásicos Populares", nós non podiamos ficar sen aportar o noso grao de area á escea músical antiautoritaria do terruño galego. De cando en vez difundiremos esas cancións que dalgunha maneira forman parte desa banda sonora da guerra social made in Galiza.

2 comentarios:

  1. non se poderia nos clasicos populares,irnos tamen cara grupos, panfletos,fanzines,carteis,tanto de agora coma mais antigos ke teñan que ver cos ideais do blog.Oscar

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Paréceme unha idea fabulosa Oscar, mais carezo de tempo para ampliar tanto as miras desta sección. Estou seguro de que a xente de Abordaxe estaría totalmente aberta e encantada cunha nova sección do tipo que ti mencionas, así que felizmente covidote a que ti mesmo a fagas acordando previamente un criterio cxs responsables da publicación. E tristemente comunicote que non te podo axudar mais polo de agora, que mais quixera!.

      Unha aperta libertaria

      Eliminar