Traducimos de Tokata:
O tedio, o aburrimento, a inactividade, a desgana, a atrofia, a derrota, a parálise, iso crían os carcereiros, o Ministro, o estado. Os comunicados aos mass media era a integración controlada polo estado durmindo as palabras. A Copel dominada, inanimada, desconcertada, submisa, inactiva, supoñíana morta. No interior desa imaxe exportada había un bulicio, actividade clandestina frenética. Todos a unha na trama. O gran golpe.
Por enriba dun muro, por unha fenda, porta, ventá, locutorio. Enterrando cordas, escondendo entre herbas un gancho, informando 1500, facendo un túnel, camuflando as pancartas. Persoas paseando polo patio circular que só tiñan pensamento na loita. Baixo a pel da Copel crecían argumentos e elementos. Baixo a aparente normalidade un mundo fantástico medraba no sono dos presos.
Constituíron o grupo de artificieiros para divertirse cun novo reto ao réxime, que nunca soubo deste enxeño. Cada actuación dos artificieiros os ánimos levaban á festa. Brindan un sorriso. Brindan unha gargallada. A alegría é moi borracha.
Eran enxeñosos e rudimentarios artefactos rebentando nas terrazas baleiras das galerías de Carabanchel. Os carcereiros inquedos buscaban a orixe das explosións por patios mortos e dependencias comúns. Non hai rastros. Serán foguetes da rúa. Ás tres da tarde as calorosas rúas baleiras. Non había tormenta pero si unha explosión periódica. O Consello de Ministros ignoraba que era unha manobra de distracción dun colectivo pensante.
Inxentes cantidades de caixas de mistos chegaban á Rotonda voando e nos petos. Sobre o muro dos presos políticos panfletos para alá e mistos para acá. As cabezas dos mixtos esmiuzadas unha a unha.
Os somieres tiñan tubos cilíndricos duns 10 centímetros nas esquinas, introducindo nos ocos circulares das estruturas metálicas dianteiras e traseiras, as patas, ancorando as tres pezas que formaban a cama. Ao arrancar o cilindro macho do somier obtíñase un tubo oco, a carcasa da bomba. De cada somier só arrancábase unha carcasa, fixando con cordas a amputación para o equilibrio e pasar sen obxección a requisa. A carcasa tiña a boca pola pola parte arrancada. Enchíase coas cabezas moídas de miles de mistos. Pechábase con cera e outros materiais. A bomba de proba lanzouse a unha terraza do Reformatorio de Mozos de Carabanchel. Ao día seguinte a vertical do Sol quentou o tubo metálico, a pólvora interna entrou en combustión e ante a acumulación de gases o tubo rebentou na súa elevada soidade, sobre as 15 horas PM. Tiñan as bombas e a hora. Con discreción os copelianos levantaron a ombros o equipo artificieiro. Seguiron explosións espazadas nas terrazas de Carabanchel. Ollo, control, un economato dunha galería esgotou os mistos. Baixou a produción. Aos carcereiros esqueceuse a Copel, os ruídos estaban afastados e na Rotonda non pasaba nada. Eran bombas de verán. Eran bombas psicolóxicas. Era a palabra escondida. Era a palabra psicolóxica. Exactamente era o preludio da batalla de Carabanchel.
Agustín Moreno Carmona, ex-preso social participante da COPEL
No hay comentarios:
Publicar un comentario