15 ene 2014

Tres detidos polo lanzamento dun coctel molotov contra o Club Financeiro de Vigo no 2012

Segundo o recollido esta mañá pola prensa comercial, tres persoas, supostamente de ideoloxía anarquista, resultaron detidas durante o día de onte pola súa presunta relación co ataque ao Club Financeiro de Vigo sucedido en setembro do 2012. Aquel suceso foi reivindicado como "Acción Directa Anticapitalista Internacionalista" (A.D.A.I.) nun comunicado enviado á prensa empresarial, noticia que nós recollemos no seu día -AQUÍ. A operación foi coordinada pola Audiencia Nacional dende Madrid e nela resultaron detid@s unha muller en Vigo e dous homes, un en Lugo e outro en Ciudad Real, así como se practicaron rexistros en Vigo e Lugo.

Seguiremos informando.


C.R. con información da prensa comercial

5 comentarios:

  1. Os mass-merda coma sempre violando o seu propio código ético á hora de sacar as caras dxs detidxs antes de que exista sentencia firme contra elxs, condenándoos xa antes de tempo. Policías da pluma noxentos.

    ResponderEliminar
  2. e dicindo o que lles peta... 1+3+7= RG

    ResponderEliminar
  3. Na Secta sacaron imaxes de arquivo policial falando xa de incautación de pistolas, balas... eu quero saber que carallo fuma esta peña!!

    ResponderEliminar
  4. En El Progreso falan do arrestado en Lugo como "un mozo que a finais de 2013 levou a cabo unha folga de fame para solicitar o dereito de todos os cidadáns a un traballo e unha casa digna e que estivo arrestado por protagonizar un incidente con axentes da Policía nun local hostaleiro. Este mozo, ademais, está considerado como un dos membros activos de Resistencia Galega".???

    E incluen unha foto de cando a sua folga

    http://elprogreso.galiciae.com/nova/303460-detenidas-personas-lugo-vigo-ataque-sede-club-financiero-ciudad-olivica

    ResponderEliminar
  5. Tirado de CEIVAR

    Segundo informa a imprensa a estas horas, na noite de hoje forom detidas três pessoas acusadas supostamente do ataque com cóctel molotov á sede do Círculo de Empresarios Galicia-Club de Vigo na madrugada do 17 de setembro de 2012. Por estes factos foi detida umha mulher em Vigo e dous homens, um em Ciudad Real e outro em Lugo.

    O operativo policial está coordenado desde Madrid baixo ordes da Audiência Nacional e já se produzirom vários registros nas cidades das que eram vizinhos os detidos.

    Se bem é certo que algumhos “médios de comunicaçom” querem ligar o acontecido ao independentismo, desde Europa Press (agência que publicou a nova) cita-se que estas pessoas estavam vencelhadas á esfera anarquista.

    Quanto menos cabe destacar que nom se trata de umha detençom usual e que polo momento a inexistência de mais dados exige cautela.

    Finalmente nas redes socias está a expandir-se umha auto-convocatória em Lugo para amanhá, quarta dia 15, na Praça Maior às 20:30h com um formato de assembleia aberta e possível concentraçom.

    ResponderEliminar