15 ene 2014

[Chile] (Audio) Autoaxuda práctica: o colectivo de lesbianas e feministas "Linea Aborto Libre"

Reproducimos esta moi interesante información que recollimos (e traducimos) do blogue anarcovegano e antiespecista Vegan@s: Un audio en castelán da radio anarquista de Berlín (Anarchistisches Radio Berlin) basado nunha entrevista en Santiago de Chile así como outras noticias ao respeito da práctica do aborto con autoaxuda:


Duración: 8:45 min

O colectivo de lesbianas e feministas Linea Aborto Libre en Chile estableceu un telefono informativo de alcance diario con indicacións de como practicar un aborto en casa a base de pilulas:



Tambén publicou un manual con o título "¿Cómo las mujeres pueden hacerse un aborto con pastillas?" (acá en pdf na súa web) para apoiar ás mulleres que queiran abortar para que poidan facelo na súa casa minimizando os riscos. Hai que sinalar que Chile é un dos países nos que existe unha prohibición estricta do aborto.

As compas da Anarchistisches Radio Berlin solicitan que disfrutedes e propaguedes esta información e agradecen calqueira comentario ou suxerencia que enviedes ao seu correo:
aradio-berlin@riseup.net.

E por si acaso engaden esta posdata: Para nosa labor internacional estamos buscando xente disposta a traducir do inglés ao castelán. Din que, deste xeito, poderán facer muitos máis audios sobre o movimento anarquista e libertario a nivel mundial.

colado e traducido x eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario