Poucas veces veredes neste blogue notícias de contido "bursátil", mais dado que os acontecementos ao respeito da mina de ouro de Corcoesto tiraron cara a efeitos económicos, considerei de moi boa notícia esta que publicarom na web Galicia Mineira, se ben cabe unha explicación para neofitas na materia. O feito de que na bolsa de Toronto baixen tanto a cotización das acciós de Edgewater, a empresa canadiana que ven de recibir o rexeitamento pola Xunta da sua proposta de mina de ouro a ceo aberto por motivos estrictamente económicos, dado que non tiñan intención de paralizala por nengunha outra causa (e sabemos de ata onde son quen de ceder por diñeiro, ata mudar a lei do tábaco para traerse un parque temático-casino), sinifica que ninguén se fía de que sexa rendíbel e están a desfazerse das accións, quen xa invertira, con o que a deriva máis factíbel é que non haxa prórroga (tal como demanda à Xunta a empresa e máis a sua voceira: "La Voz de Galicia").
Colamos pois a noticia:
Pese a que a compañía ven de comunicar que loitará por sacar a flote o proxecto mineiro, a súa carteira de investidores parece non opinar na mesma dirección, despois de que o Goberno galego tumbase o martes de maneira rotunda o proxecto mineiro de Corcoesto, cando durante o debate sobre o estado da autonomía, Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, revolucionou a xornada que a Consellería de Economía e Industria cancelaba de xeito definitivo o proxecto debido á falta de garantías “financieiras e técnicas“.
Os inesperados problemas de Edgewater comenzaran xa o pasado xullo, cando a Xunta esixíulle a canadense multiplicar por sesenta os fondos propios garantindo que tiña a posibilidade de acometer o 25% da inversión prometida, cuantificada en 135 millóns de dólares (uns 100 millóns de euros).
Sen embargo, a demostrada insolvencia económica da mineira non fixo posible as condicións de obrigado cumprimento solicitadas pola Xunta, poñendo en evidencia as súas carencias financieiras que xa viñan de anos atrás, pois si no 2011 a sociedade rematou o ano cuns recursos propios de 868.546 euros, en 2012 a filial de Edgewater en Corcoesto pechou o ano cuns fondos propios de 617.250 euros, exactamente cunhas perdas de 251.296 euros menos además dunhas cifras antes de impostos, intereses e amortizacións de 296.509 euros en negativo, segundo os datos do rexistro mercantil.
UN PROXECTO CLARAMENTE ESPECULATIVO
Fai agora un ano, dende a Plataforma cidadá Salvemos Cabana xa se alertara do fin “meramente especulativo” do proxecto de Edgewater en Corcoesto, cuio maior obxectivo era o beneficio “dun pequeno grupo de investidores” a cambio “duns impactos totalmente inasumibles para a Comarca de Bergantiños“, pola insostibilidade “ambiental e social” da proposta mineira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario