Xa nadie pon en dúbida que isto dos premios de editoriais, con muito ánimo de lucro, está máis amañado que outra coisa (mesmo hai na súa historia máis de un caso no que escritores de "prestixio" falaran de que as premiadas eran "obras por encargo", como Miguel Delibes ). Partindo desta premisa, e sen ter que poñer en cuestonamento as cualidades de plumífera comercial a Doña Ex-Ministra de Cultura Ángeles González-Sinde (si, a da "lei Sinde"), resulta farto curioso que quen, durante a súa etapa de ministra socialista con ZP, concedera axudas a editores ( como as de fomento à leitura con a compra de títulos comerciais) e que impulsara a lei contra as descargas na internet, receba agora (xusto cando se cumpren os 2 anos que marca a lei de incompatibilidades) como contributo 150.250 euros pola sua primeira novela e que na víspera da entrega dos galardóns, o presidente da editorial, José Manuel Lara, atacara duramente as descargas da rede.
"Estoy un poco sobrecogida, no estoy acostumbrada a hablar sin papeles, para eso me dedico a la escritura", asín comenzou, dubitativa, a sua comparecencia ante a prensa a exministra González-Sinde. Curiosas palabras de una ex-ministra de CULTURA, quen recoñece que non está afeita a falar sen papeis diante (???).
Xa na roda de prensa posteiror, cando a exministra foi repreguntada sobre as repercusións "éticas e estéticas" de recebir o premio, o director de Relacións Externas do Grupo Planeta, Carlos Creuheras, moderador da roda de prensa, interrumpeu a quenda de preguntas e convidou a González-Sinde a non responder na sala, e, en efecto, a finalista do Planeta prefiriu non contestar.
Noticia redactada por eDu segundo información recollida de ElDiario.es
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario