Un ano máis, e van xá 11 dende que comezaran a realizarse nesta cidade, presentamos as Xornadas Anarquistas de Compostela, que este ano cumprirán a sua X edición ( dado que nun ano non se fixeran), nas que trataremos, como é habitual, temas polémicos e de actualidade coa sa intención de profundizar entre todas as asistentes nun debate constructivo e participativo.
As X Xornadas terán lugar no local da Biblioteca Anarquista “A Ghavilla” (r/ Puente la Reina, nº 8, baixo) e comenzarán as 20:00’. Despois de cada charla e debate haberá Ceadores Veganos. Todo o diñeiro recaudado será para cobrir gastos das xornadas e promover vindeiras actividades.
LUNS 28 .- “Medios Informativos en Guerra Social”.
Presentación e Charla con persoas dos medios anarquistas da Galiza:
- Abordaxe - Revista Anarquista Galega http://abordaxerevista.blogspot.com.es/
- El Retroceso – Diario Libertario de Lugo e Comarca http://elretroceso.eu/
- La Rebelión de las Palabras https://vozcomoarma.noblogs.org/
Sinopse: Na actualidade os medios de comunicación volvéronse, cada vez máis, unha institución referente e construtora da realidade humana. Queiramos ou non, os medios de comunicación cumpren un papel social educativo e formador das sociedades.
Hoxe os medios “oficiais” constitúense como os articuladores e creadores dos temas de interese, ao mesmo tempo que son os difusores dos conceptos e valores que percibe pasivamente o pobo. Dado o seu grao de impacto social, os medios de comunicación poderían xogar un papel de importancia decisiva na transformación para unha vida mellor. Pero a lóxica do lucro non o permite; as grandes compañías mediáticas rematan sendo, en todo caso, inimigas a morte de calquera intento de cambio; son, noutros termos, non só aliados do poder senón parte fundamental da estrutura do poder, con tanta ou maior preponderancia no mantemento das sociedades que as armas máis sofisticadas. A guerra principal é hoxe a guerra mediática.
Xorde aí, entón, a necesidade doutro tipo de medios comunicativos: son os chamados medios alternativos. É dicir: medios de comunicación non centrados na dinámica empresarial, non centrados no espectáculo da vida senón na vida mesma, na loita da vida. O único xeito de lograr isto é permitir que o pobo poida expresar a súa opinión. Ou sexa: substituír o espectáculo, a representación manipulada dos feitos pola palabra de quen realiza eses mesmos feitos. Iso son os medios alternativos de comunicación: instrumentos que serven para darlle voz a quen non ten voz nos medios oficiais.
Pola súa mesma natureza de extra oficiais, de vivir no sistema pero en confrontación con el, todos os medios de comunicación alternativos padecen similares problemas: dende a represión ao sofrer ataques á súa seguridade máis elemental ata a crónica falta de recursos para funcionar no cotián. Ser "alternativo", en definitiva, impón esa situación: quen critica ao statu quo e propón outras vías enfróntase aos poderes fácticos. Ser alternativo -en todo, e no ámbito comunicativo máis evidentemente aínda- leva a estar en guerra continua.
MARTES 29 .- “As Mulleres Temos a Palabra”
Participación e Charla con mulleres de:
- Grupo Anarco-Feminista Treboadas (Vigo)
- A Revolta dxs Caracois – Revista de Pensamento Queer e Anormal (Lugo)
- Individualidades Anarco-Feministas (A Coruña)
Sinopse: A voz das mulleres anarquistas nen enmudece nen se anquilosa, a luita contra o patriarcado, como manifestación de xerarquía e como primeira forma de opresión ocorrida no dominio do sexo masculino por sobre o feminino, vai adoptando forma en base aos aconteceres cotiáns.
Baixo o esquema reproductor que pretende uniformizar às mulleres baixo un modelo único, cultivado por medio da adoctrinación masiva, que conleve tambén a que os homes sexan uniformizados e obrigados a reprimir as suas particularidades individuais. E é sobre esta ideoloxía da uniformización e dominación patriarcal na que se sustenta boa parte da lexitimación dos gobernos.
Nesta charla-debate se profundizará no papel dos roles de xénero e a perspectiva queer, do pápel da prostitución na sociedade e doutros temas de candente actualidade que preocupan e afectan a nosa vida cotidiá.
MÉRCORES 30 .- “A Defensa da Terra, a Nova Loita de Clases”
- Charla con Miquel Amorós historiador, teórico e anarquista valenciano
que presentará a Revista Libertaria contra el Desarrolismo “Argelaga” (Barcelona)
Sinopse: A crítica antidesenvolvista non nega a luita de clases, senón que a conserva e supera; alén máis, a luita de clases non pode existir nistos tempos se nom é como antidesenvolvista. Falar hoxe de luita de clases é facer referencia expresa à vida cotián e ao territorio, entendendo como territorio non a paisaxe ou o “medio ambiente”, senón a unidade entre espazo e historia, lugar e habitantes, xeografía e cultura, englobando novos feitos como o consumismo, a polución, a autonomía da tecnociencia e mesmo o totalitarismo de apariencia democrática.
A defensa do territorio é unha verdadeira luita de clases. A nova acumulación capitalista parte do encarecimento das materias primas, da construcción de infraestructuras xigantescas, das enerxías renovabeis, da reciclaxe de desperdicios, do acondicionamento paisaxístico, do turismo rural, etc., é dicer, parte do territorio. O Estado recupera a importancia perdida, dado que agora trata de financiar unha “economía sostíbel”, ou sexa, de endosar à poboación a factura dos costes dunha reconversión “verde” chegada para reforzar as bases económicas da dominación, que, polo tanto, non se propón acabar coa agresión ao territorio, con o despilfarro ou con o consumismo, senón á contra, pretende apuntalar a sua continuidade. O “sostíbel” é máis do mesmo, pero pintado doutra cor.
O capitalismo na sua fase actual é eminentemente destructivo, e, por conseguinte, está en guerra contra o territorio e a xente que o habita. A autodefensa é lexítima, pero constitue só un aspecto do conflicto territorial. É unha batalla pola autonomía na alimentación, no transporte, na ensinanza, na sanidade, na vivenda ou no vestir; un bregar pola solidariedade, pola comunidade, pola asamblea; polo “concello aberto”. A crítica antidesenvolvista nom é unha obra empaquetada e posta nun anaquel a disposición de quen queira usala, non é un fenómeno intelectual, unha teoría fruito de mentes privilexiadas dispostas a longas xornadas de estudio e meditación. Está presente un pouco en todas partes, dunha forma ou outra, como intuición ou como hábito, como mentalidade ou como convicción. Nace da práctica e volve sempre a ela. Non fica en libros, artículos, círculos de enterados ou torres de marfil; é froito tanto do debate, como da pelexa. Nunha palabra: é filla da acción, éste é o seu medio e non pode sobreviver fora dél.
XOVES 31 .- “Análises dalgunhas iniciativas libertarias e anticapitalistas actuais e o seu contexto”
- Charla a cargo de compañeiros que presentarán a publicación anarquista “Todo Por Hacer”
Sinopse: O actual período de reaxuste do Capital, ou como o coñecemos popularmente, o actual período de crise, veu acompañado do arranque dun novo paradigma de protesta (de perfil cidadán, aínda que complexo como obxecto de análise) como vía de canalización da frustración e rabia. Isto logrou visibilizar as contradicións deste sistema, pero tamén fixo aínda máis evidente algo que todos xa sabiamos: a debilidade, o inmobilismo e a soidade do movemento libertario. Mediante esta charla pretendemos realizar unha análise moi persoal da situación deste movemento (non porque urxa hoxe máis que onte a apertura dun período de análise e autocrítica, pois esta sempre debería acompañarnos), non só no Estado español, senón noutras zonas do continente europeo, como en Grecia. Utilizando como exemplo as novas, pero non novidosas, experiencias e prácticas postas en marcha nalgunhas zonas, facendo especial fincapé en Madrid, por ser o espazo que coñecemos, pretendemos achegar, na medida do posible, información relevante para afrontar o devandito proceso.
Para un movemento libertario como o actual, maioritariamente mozo, sen conexión con experiencias importantes previas de loita, ancorado en determinados clixés e encerrado nun gueto autorreferencial, e enfrontándose por primeira vez a un contexto para el descoñecido, é necesario lanzar varias preguntas ao aire. Preguntas que talvez non obteñan resposta, pois nin a terán, nin a necesitamos. Preguntas cuxo interese radica en ofrecernos a posibilidade de observarnos e cuestionarnos.
Preguntarnos pola relación dos anarquistas co mundo laboral, interesarnos nas vías de comunicación que tecemos co resto da poboación, mirar con lupa en que investimos o noso tempo para preguntarnos, sen complexos, como poderiamos optimizar este investimento, analizar que pasos deberiamos dar cando nos encontramos nunha fase tan primixenia, etc., son algunhas das cuestións que nos gustaría poñer sobre a mesa.
Tras realizar estas reflexións en voz alta, recibindo achegas de todos/ás os/ás presentes, gustaríanos facer un repaso dalgúns dos proxectos libertarios que floreceron no noso ámbito durante os últimos anos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario