Na web "desInformémonos, periodismo de abajo" veñen de facer público unha serie de artigos escritos dende o estado español, México, e EEUU, que constituen as reflexións de sete anarquistas que, a partir dos seus contextos, aclaran, entroutras cousas, que a acción direita non é sinónimo de violencia, denuncian a criminalización do movimento e chaman a atención sobre as circunstancias en que se usan diferentes tácticas de luita. Son textos, colgados como aportacións para debate, de José Mª Olaizola, Marcelo Sandoval Vargas, Octavio Alberola, David Graeber, Montserrat Ibarra Sánchez e Mayra Irasema Terrones Medina, Carmela Dumange e CNT Euskadi, dos que colamos os seus inicios "en galego"(e que podedes leer à ìntegra "en castelán" clicando nos "Ler máis" dos resumos respectivos) :
Lexitimidades e matices na acción directa e o anarquismo.- José Mª Olaizola (ex-secretario da CGT española)
Cando se ten unha idea hai que encara-la sen comprometer a naide máis, asumindo que a resposta do poder será forte, dura e sen contemplacións. (Leer máis)
O anarquismo, sempre incómodo, sempre criminalizado.- Marcelo Sandoval Vargas (Centro de Estudios y Documentación Anarquista Francisco Zalacosta - México)
No seguinte artigo, o autor advirte que “o movimento anarquista e o horizonte ético-político libertario mantiveranse sempre resistindo aos embates que dende o Estado, o capitalismo e os grupos políticos autoritarios de direita e esquerda trataran de eliminalo”. (Ler máis)
Unha mirada antifranquista ao uso da violencia.- Octavio Alberola (militante libertario antifranquista)
“A violencia nas nosas accións foi máis ben simbólica”, sinala el autor. “Non tivo por obxectivo aterrorizar, senón denunciar a represión de que o pobo era vítima, alentalo a resistir para criar, con os demáis sectores antifranquistas, unha resistencia capaz de provocar a caída da dictadura”. (Leer máis)
O Bloque Negro no corazón do imperio.- David Graeber (antropólogo anarquista dos EEUU, residente en London)
Si declaramos solidariedade con as demáis e que non entregaremos a manifestantes à policía, pero que esperamos que quen desenvolven tácticas máis militantes fagan o mesmiño, eles actuarán con solidariedade non participando nesas accións por temor a poñer en perigo a outras persoas ou facéndo-lo de maneira que implique o menor risco para outros activistas. (Leer máis)
Qué tan anarco é o anarco? Montserrat Ibarra Sánchez e Mayra Irasema Terrones Medina (anarquistas mexicanas)
A organización volvese imprescindíbel, pero tambén o respeito e a evidente necesidade do traballo de cada frente ante a incesante provocación; isto non puido ficar máis claro durante a manifestación do 2 de outubro. (Leer máis)
Anarquistas bos, anarquistas malas e outros contos.- Carmela Dumange (CGT- Chiapas)
Na xeración do imaxinario colectivo do inimigo necesario para recortar leis e liberdades, as anarquistas teñen o perfil perfeito. Xa se encargan o estado español e os medios de comunicación masivos de que así sexa. Pero non é só cousa deles. (Leer máis)
Violencia, represión e as súas implicacións no movimento obreiro.- CNT-Euskadi
“Excepto en situacións de alza da luita de clases, as accións violentas non a dinamizan, á contra, producen unha falta de participación por medo, dada a radicalidade que se imprime e que non pode ser seguida pola gran maioría, asín como pola represión que -en xeral, e ao non poder determinar aos responsábeis- ataca ao entorno de onde a violencia procede”. (Leer máis)
No hay comentarios:
Publicar un comentario