24 sept 2013

Feijoo considera "un chiste" as exaltacións franquistas do alcalde de Beade

O presi da Xunta e presi tambén do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a respostas dun xornalista sobre os descarados vítores ao franquismo de Senén Pousa, o álcalde do PP de Beade, quen leva o "Cara al sol" de tono de chamada no seu teléfone móvil, respostou que "los chistes y la política no son compatibles", e convidou a fazer os comentarios de exaltación do franquismo "en su casa, en el bar o hablando con los amigos" e engadiu: "Yo simplemente pido a los ciudadanos que nos dedicamos a la política que los chistes los guarden para la intimidad".

De todas formas, Alberto Núñez Feijóo destacou que Senén Pousa "es un regidor que fue elegido por mayoría absoluta en su pueblo" e que mostra "respeto por las personas que obtienen ese respaldo en las urnas".

Ademais o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda manifestaba o día 10 deste mes que descoñecía que houvera un retrato de Franco e símbolos do réximen anterior no despacho do alcalde de Beade, pero non se posiciona sobre se o partido debe abrirlle expediente, e esgrimía que non chegara nengunha denuncia ao comité de direitos e garantías, por parte de nengún militante nen da dirección desta formación política na provincia e que, polo tanto "no hay ningún procedimiento abierto" contra Senén Pousa.

Ou sexa que o franquismo de Senén é un chiste, e que entanto non o denuncie nadie do PPdeG, non se abrirá nengún procedemento.

Pois se é un chiste, eu non lle vexo a graza

eDu (a foto é de Seioque Nos Figestes)

No hay comentarios:

Publicar un comentario