25 sept 2013

Actos na rua.- ABORTO LIBRE E GRATUÍTO: As mulleres decidimos!

A convocatoria nacional da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto da Paseata-Manifestación deste vindeiro Sábado 28 con saída as 17h 30' da estación do tren de Compostela, tén outras convocatorias precedentes, tanto hoxe, mércores 25, en A Coruña con unha Marcha Silenciosa polo Dereito a Decidir, como mañán, xoves 26, en Ourense con un "Pasarrúas Feminista en Defensa do dereito ao Aborto!".

Máis información destes actos clicando en
-A Coruña, hoxe 25 de setembro, 19h30 "Marcha Silenciosa polo Dereito a Decidir"
A marcha silenciosa polo dereito a decidir sairá dende a praza de Galiza ás 19:30 horas e irá ate o Obelisco.

Con esta marcha preténdese, por unha banda, denunciar as políticas represivas que este goberno quere impoñernos en materia de saúde sexual e reprodutiva, modificando a lei do aborto, pechando centros de planificación familiar... e por outra banda animar á xente a participar na manifestación nacional do sábado 28 en Compostela

Con respecto a esta marcha silenciosa, convídase á xente a participar de dous xeitos diferentes

* Vestidas de lila e cunha mordaza negra na boca, iremos en fila portando unha serie de cartaces e nos quitaremos a mordaza cando cheguemos ao obelisco.
* Formando parte da marcha, repartindo panfletos..

-Ourense, mañán 26 de setembro, 20h00' "Pasarrúas Feminista en Defensa do Dereito ao Aborto!"
Dende a rúa do Paseo (á altura do Banco de España) ata o Pazo de Xustiza, porque non imos deixar que nos poñan a parir!

Aborto libre e gratuito na sanidade pública!

-Compostela, sábado 28 de setembro, 17h30' "Manifestación Nacional polo Dereito a Decidir"
O 28 de setembro é o Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto.

O sistema patriarcal quere dominar o corpo das mulleres, negándonos a capacidade a decidir sobre o noso corpo e a nosa sexualidade, e ao mesmo tempo, controlar a nosa capacidade reprodutiva. A obriga da virxinidade así como a maternidade, foron unha constante ao longo de toda a historia.

A crise provocada polo sistema neoliberal é a escusa para atacar os dereitos das mulleres. Nunha situación de recortes de dereitos sociais e laborais, a dereita española pretende acabar coas conquistas feministas conseguidas ao longo dos últimos 70 anos.

O 28 de setembro continuamos na loita.

Trae a túa prenda lilá para encher as rúas de feminismo, colle cazolas ou pandereitas para inundar de son rebelde a nosa marcha, e participa na manifestación na defensa do aborto legal, seguro e gratuíto!

Polo dereito das mulleres a decidirmos sobre os nosos corpos!!!

Máis info - http://feminismo.eu/PlataformaAborto/

No hay comentarios:

Publicar un comentario