Colamos da web de Esculca:
As citadas irregularidades tiveron a sua expresión mais grave na sesión da tarde do día 25, cando o maxistrado presidente da sala tomou a insólita decisión de dar por concluída a pericial antes de os peritos da defensa teren podido concluir o seu depoimento e co suposto amparo dun acordo de policia de estrados.
A decisión do maxistrado, interrompendo a exposición dun perito da defensa, reveste extrema gravidade non só por ter resultado censurado deste xeito o depoimento da pericial de descarga senón tamén porque esa interrupción erosiona un dereito constitucional. Coa súa decisión, o maxistrado impediu a contradición da pericial da acusación ao dar por concluída a sesión antes de os letrados das persoas acusadas teren tido ocasión de articular o seu contra-interrogatorio. A esta circunstancia, que erosiona seriamente o dereito constitucional de defensa, hai que acrescentar a belixerante actitude do maxistrado presidente, que dificultou con vehemencia o dereito dos letrados a faceren constar a súa protesta para o recurso de casación.
Á espera da elaboración do relatorio completo sobre o desenvolvemento da vista oral, EsCULcA adianta a sua valoración negativa desta decisión por entender que afecta o núcleo do dereito constitucional de defensa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario