O vindeiro mércores 5 de xuño as 18.30 da tarde na Praza de S Martiño (zona vella) Charla Informativa sobre a Fractura Hidráulica, e os proxectos na Cornisa Cantábrica (e se chove vémonos a mesma hora no Sem Um Cam na rua do Vilar nº9).
O territorio da Península Ibérica vai camiño de convertirse nunha reserva enerxética de Europa e outros paises ricos. Pode ser unha saída á crise pero ¿a qué prezo? ¿saída da crise para quén? ¿qué intereses reais están detrás destes proxectos ou burbullas enerxéticas? Dende a megaminería ata a fractura hidráulica, pasando por outras tantas, a nosa vida e a da terra na que vivimos está por desaparecer... se non o impedimos.
A fractura hidráulica ou "Fracking" consiste en usar toneladas de auga con area e productos químicos, a alta presión, dirixida cara abaixo da terra e a través de pozos perforados horizontalmente a máis de 2000 m de profundidade. A mezcla presurizada fai que a capa da pizarra se fracture. Estas fisuras mantéñense abertas con area para que o gas de pizarra poida fluir hacia o pozo.
As consecuencias da fractura hidráulica son nefastas para o medio ambiente e para as habitantes dun territorio, entre elas:
- Elevado consumo de auga: demanda que entra en conflicto co abastecimento para outras necesidades da poboación)
- Compuestos tóxicos: o fluido introducido nos pozos contén entre 55.000 e 225.000 litros de productos químicos por pozo. Moitos de estos productos son sustancias tóxicas, alerxénicas, mutaxénicas e canceríxenas.
- Metales Pesados e Radiactividade: o fluido recuperado, entre o 15% e o 80%, pode arrastrar metais pesados extremadamente tóxicos (arsénico, plomo, mercurio...) e elementos radiactivos (uranio, radio...) presentes nas capas profundas da rocha.
- Contaminación de rios, augas subterráneas e atmósfera: fugas nos tanques, evaporación dos fluidos e vertidos, fallos na cimentación e deterioro do revestimento, filtración de gas metano nos acuíferos, terremotos de baixa intensidade, fugas...
3 jun 2013
[Ourense]. Mércores 5 xuño as 18.30 na Praza de S Martiño.- Charla informativa sobre o problema da Fractura Hidráulica na Cornisa Cantábrica
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario