19 jun 2013

Humillacións, Cacheos Intimidatorios e Vexacións a unha presa no CP de Picassent

Recollemos de Tokata esta denuncia de Mª José Baños Andújar, presa galega dos GRAPO en Picassent, e que colamos unha vez traducida:

O día 25 de maio prodúcese en horas de patio un cacheo xeral, que é unha práctica habitual e sistemática. Vén toda o equipo e fannos pasar en grupo ao módulo onde nos van cacheando.

A funcionaria que me realiza o cacheo, coñecida como "La Pistolera", é famosa polo odio que nos profesa.

Empeza poñéndome en posición de cacheo, mans na parede e pernas abertas, e inicia a palpación polos brazos, a pesar de que ía en tirantes. Masaxeame todo o corpo cunha forza e violencia innecesaria, que chegou a facerme dano pola presión que exercía.

De súpeto introduciu a súa man nas miñas partes íntimas, agarrándoas e estrullándoas. A dor fíxome apartarme dun salto e soltarme dela, mentres lle recriminaba a súa actitude, alegando que me estaba a meter man e me estaba a facer dano. Tras a discusión volve poñerme en posición de cacheo e volve empezar coa mesma apalpada do meu corpo e coa mesma forza, mentres se me achega ao oído e me di en palabras textuais: "Iso é o que che gustaría a ti, que eu che metera man".

Cando o cacheo remata empeza a rexistrar o macuto, e o primeiro que fai é tirarme a cazadora ao chan e a pesar dun novo altercado consigo collela. O resto das miñas pertenzas si van ao chan.

Os feitos que denuncio son graves, moi graves, xa que tiñan como finalidade a vexación e a humillación, a parte da violencia empregada e unha provocación polos seus feitos e as súas palabras.

Pero se graves son estes feitos, cónstame que mentres isto sucedía, o xefe de servizos que se encontraba alí, mentres eu lle dicía á funcionaria que deixase de meterme man, fixo un comentario diante doutras presas e dunha funcionaria, aínda máis grave. Segundo me informaron as súas palabras textuais foron: "E porque non podo facelo eu".

Estes feitos foron denunciados ante a dirección do cárcere sen que de momento se pronunciase.

Mª José Baños Andújar. Prisión de Picassent- modulo 17. Maio de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario