Colamos de SermosGaliza à espera de máis información:
As mobilizacións contra os desafiuzamentos proseguen na Coruña, onde aínda se escreben novos capítulos da loita cidadá que evitou o despexo da súa vivenda da anciá Aurelia Rei, que foi contestada dende a Delegación do Goberno que comanda Samuel Juárez con multas a oito activistas. Estas persoas presentaron hoxe, no edificio gobernamental, os seus recursos contra a sanción, acto durante o cal foron acompañados por un cento de persoas, entre elas varios bombeiros -que acudiron en solidariedade cun compañeiro afectado-, membros da plataforma Stop Desafiuzamentos, e un grupo de vítimas da estafa das preferentes, que quixeron amosar así o seu apoio ao movemento contra os despexos.
Segundo Héctor Tejón, de Stop Desafiuzamentos A Coruña, estas sancións -de 600 euros cada unha- supoñen “un intento de criminalización dos movementos sociais”. “Nós recibimos castigos, namentres as tropelías de banqueiros ou gobernantes realízanse na impunidade”, engadiu. Nesa liña, o avogado da plataforma, Antonio Vázquez, acusou a Delegación do Goberno de cometer “unha desviación de poder” ao utilizar unha figura legal “que parte da lei Corcuera” -aprobada por un Goberno do PSOE- e que “serve para reprimir ao que non é submiso, acusándoo de alteración da orde pública”. O letrado dixo non entender como se multa a activistas logo de a autoinculpación de varios deles ter sido rexeitada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario