22 may 2013

[Vigo] 1xuño - Charla "Utopía Contagiosa: Gastos militares e modelo de defensa do Estado Español"



Damos conta desta convocatoria recibida na nosa caixa de correos enviada por GAS Vigo:

Dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2013 organizamos unha charla o sábado 1 de xuño na que contaremos coa presenza de dous membros do colectivo Utopía Contagiosa. O título da charla é "Gastos militares e modelo de defensa do Estado Español" e nela contaremos coa presenza de José Ambrona e Juan Carlos Rois que nos falarán dos gastos militares no Estado español e analizarán o modelo de defensa actual baseado no militar e a violencia.

Será o sábado 1 de xuño a partires das 20h00 na Cova dos Ratos (Romil 3, Vigo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario