O Uruguay do "esquerdista" Frente Amplio non é manco tampouco à hora de repremir a quen luita contra o capitalismo especulador e destruitivo. Así vimos de saber que en venres 10 de maio às 8:15 am (hora local), no espazo "La Solidaria" irrumpiron varios patrulleiros policiais violentamente pateando a porta sen orden nengunha, sen se identificar e ameazando con agredir violentamente a quen se atopaba dentro.
Esta avanzada represiva acontece no marco da realización de movilizacións pola defensa da auga e dos recursos naturais na región, dado que "La Solidaria" é sede da Coordinación Regional Sur contra os mega-proxectos, e nese día había unha intensa actividade de planificación para unha movilización prevista para o día seguinte.
Colamos (depois de traducido), o Comunicado-Denuncia tirado por "La Solidaria" que recollimos da web do xornal "El Libertario":
Solidariedade en defensa do espazo La Solidaria. ¡NON à represión!
No día de hoxe, venres 10 de Maio de 2013 às 8:15 am, no espazo La Solidaria ubicado en Fernández Crespo 1813 irrumpiron varios patrulleiros policiais violentamente pateando a porta sen orden nengunha, sen se identificar, ameazando con agredir violentamente a quen se atopaban dentro. Alguns viziños achegaronse solidariamente para protestar sobre o procedimento nun barrio asediado polas bocas de pasta base ante a indiferencia e complicidade policial.
Os compañeiros que lá se atopaban negaronse a sair ante a violenta situación de ameazas. Ante isto fixose sentir a solidariedade de varias persoas que se concentraron na porta do espazo. Minutos despois, chegou un advogado quen evidenciou o irregular do procedimento. Pasando à identificación de quen se atopaban dentro e declarando que non se trataba dunha usurpación senón dunha lexítima ocupación.
Logo dalgunhas provocacións dun oficial, que se identificou como do departamento de intelixencia e comenzou a fotografar os rostros de varios compañeiros, a policía retirouse.
"La Solidaria" é un espazo autónomo que abrira as suas portas en febreiro de 2012, cando un grupo de persoas decide tomar o espazo para autoxerilo e realizar varias actividades, fomentando valores solidarios, anti autoritarios e de apoio mutuo; utilizándolo como unha ferramenta para potenciar a luita social.
Na casa realizaronse ao longo deste ano e meio distintos tipos de actividades, como o Ciclo de Cine Social e debates, charlas sobre anti-patriarcado e educación, "Feria del Libro independiente y Autónoma" (FLIA), "Feria del Libro Anarquista de Montevideo", con participación de editoriais de Uruguay, Brasil e Argentina, "Festival de Cine Independiente Globale" e diversos obradoiros, dos que alguns funcionan atá o día de hoxe: Teatro, Reutilización criativa do lixo, encadernación artesanal, artesanías con mate, tango, cine e video; e diversas charlas/debate sobre variados tópicos : luita sindical, liberación animal, medio ambiente e luita ecolóxica. A sua vez, distintos colectivos críticos con esta realidade utilizan o local como espazo de reunión e proxección colectiva, enchendo asín unha necesidade de falta de espazos físicos para as organizacións sociais en Montevideo.
Dentro do mesmo local existe dende hai máis de once anos, a "Biblioteca y Archivo Social Luce Fabbri" que conta con un acervo documental único no país referente ao movimento operario e social do Uruguay e Italia entre os anos 1929 e 2000, e importante documentación sobre a luita do antifascismo italiano no Uruguay, pertencente à falecida militante antifascista Luce Fabbri (1908-2000), entroutros materiais.
As escrituras da casa en cuestón pertenecen legalmente à "Iglesia Evangélica Alemana" (protestantes). A "Biblioteca y Archivo Social Luce Fabbri" sempre funcionou neste local con autonomía e independencia total con respeito a dita Igrexa, como tambén mantén hoxe total autonomía con o espazo "La Solidaria" con quen comparte os seus valores de solidariedade, apoio mutuo e autoxestón.
Atá o ano 2011 a Igrexa Evanxélica, como forma de saldar as suas debedas con o Estado, cedera o seu espazo, a través dun convenio con o INAU a unha ONG, que utilizava o local para ter a numerosas crianzas encerradas, nun estado de semi-encarceramento, completo ateigamento, e condicións hixiénicas deplorabeis. Tan así que o mesmo INAU virase na obriga de clausuralo por ditas condicións infra-humanas.
Nese momento, un grupo de individuos sensibeis à realidade social, reformaron o local atá deixalo en condicións habitabeis e ao tempo comenzou a funcionar como un espazo social solidario e como vivenda dalguns compas, invirtíndose constante esforzo, tempo e diñeiro no seu mantemento físico e social.
La Solidaria é hoxe un espazo case único na cidade, onde podense xerar vínculos humanos non mediados polo diñeiro, o lucro nen os intereses políticos partidarios. É un espazo aberto a construir un outro tipo de relacións humanas e vínculos con o meio social, dende onde poder construir unha sociedade que se funde no benestar colectivo e non na ambición económica, na solidariedade e non na competencia e o egoísmo. Na luita polas nosas liberdades e non na submisón às políticas económicas globais. Nun espazo de vida e non de leis mortas.
Porque cremos que os nosos espazos debemolos criar nos, e non no-lo debe regalar nen un deus nen o Estado, é que pensamos na necesidade de defender os nosos propios espazos.
Non sexamos indiferentes, que non nos quiten o que é de todos/as!
Solidariedade e Apoio Mutuo!
Non à represión a La solidaria nen a nengún proxecto social autónomo!
15 may 2013
[Uruguay]: Solidariedade en defensa do espazo "La Solidaria". NON à Represión!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario