Recollemos e traducimos da web de Tortures Quatro Camins:
Tras a marcha, unha das organizacións sindicais que defende os carcereiros acusados de torturas, en vez de manifestarse en contra das torturas, reclama á Dirección Xeral maior represión e contundencia contra os que denuncian as torturas.
Nun escrito publicado na súa web, UGTPresons alármase pola protesta e non polo maltrato e a tortura. O devandito sindicato, incapaz de ver as torturas que se producen diante dos seus narices nos cárceres, e facendo alarde dunhas impresionantes capacidades divinatorias, non ten ningunha dúbida ao afirmar que as intencións dos que convocaban a protesta fronte ao centro carcerario, era a de "provocar graves incidentes".
Unha vez máis este sindicato de "clase", demostra a súa inutilidade para detectar graves "crises" políticas no saqueo continuado das oligarquías, pero unha impresionante efectividade sobre o control e a represión contra as clases traballadoras e máis desprotexidas.
CC.OO. e UGT, non só xogaron un importante papel en toda esta suposta "crise" do desmantelamento do estado do "benestar", colaborando activamente na reconversión e peche de empresas, senón que ademais exerceron o control nos centros penitenciarios de Catalunya e do resto do estado. Primeiro reconverte e despide a xs traballadorxs, e logo, a xs que entran nos cárceres os "reinsiren" no mesmo sistema de domesticación da paz social.
Quen podería dicirnos que os sindicatos maioritarios fosen favorables á explotación laboral sistemática e cotiá, en vez de loitar polos dereitos das clases traballadoras? Quen pense o contrario equivócase.
Estes sindicatos, como outros moitos, son moi conscientes da explotación e indefensión laboral que se leva a cabo nas prisións, e, non obstante calquera conquista no terreo laboral na prisión, foi posible só polas loitas e denuncias das persoas presas e non polas dos sindicatos, que xamais denunciaron por esta situación á institución carceraria. Máis ben ao contrario, os sindicatos reforzaron a carencia de dereitos laborais, coñecendo as necesidades económicas da maioría de persoas presas e utilizando o traballo como parte do seu programa de premios e castigos. Ningún destes sindicatos se manifestou en contra da cadea perpetua que encobre a nova reforma penal que se está a discutir actualmente.
Por iso non debería de sorprendernos que un comunicado de UGTPresons, intente facer pasar aos acusados por torturas como vítimas de "acusacións inxustas", do mesmo xeito que a felizmente falecida ex primeira ministra Margaret Thatcher, agradecía ao xenocida Pinochet a súa importante loita contra o comunismo, recoñecéndolle a débeda que terían sempre con el as modernas democracias.
Esa xa vella estratexia contrainsurxente do "inimigo interno", que fai pasar ao verdugo como vítima e á vítima como verdugo e que tan efectivos resultados lle deparou a estas democracias, non é máis que a reprodución dos mesmos esquemas do capital e os seus estados, na súa ofensiva definitiva contra toda disidencia.
É interesante comprobar como UGTPresons pode recoñecer "perfís violentos" en grupos que se organizan contra a tortura, e demostra unha ineptitude insultante para detectar torturadores e para celebrar as súas condecoracións.
Como non se podería esperar doutro xeito, UGTPresons reclama que a denuncia e a protesta polas torturas, "se corten de raíz", pois poden producir unha "escalada de violencia, tanto no interior das prisións coma no exterior". Con estas afirmacións, é difícil saber a que aterse, pois poden facernos pensar que UGT vai "motivar" os seus policías e carcereiros para que se estenda a violencia, o que se podería interpretar, co seu mesmo manual represivo, como "apoloxía" e "incitación".
O sindicato maioritario nas prisións catalás, laméntase de que os responsables políticos non "actuasen", nin se "pronuncien" e que mostren semellante "desleixo", asegurando que os que denuncian a tortura, "gozan de absoluta impunidade".
Tería alguén que recordarlle a eses cargos sindicais que escriben os comunicados, que os que "gozan de absoluta impunidade", son os torturadores. Que unha organización que fai semellantes declaracións, pedindo que se repriman os dereitos máis elementais para a denuncia, a expresión e/ou a opinión, se pon en evidencia como parte fundamental do sistema que coarta e amputa liberdades.
Fronte a tanto victimismo sindical, non poden deixar pasar a oportunidade para desviar a atención das torturas e sacar a relucir "as salvaxes recortes de dereitos e condicións laborais", que polo visto deben de crer que só afecta aos carcereiros, pois mesmo aluden a "persecución por parte da fiscalía", débese de supoñer que tamén por "acusacións inxustas" ou por defender eses mesmos dereitos que eles coartan.
Seguindo o manual do perfecto "quiromántico", UGTPresons atrévese a adiantar acontecementos "graves" e "situacións conflitivas", en "os próximos 'actos reivindicativos' xa programados" polos "perfís violentos" dos que denuncian a tortura. E reclama as "actuacións preventivas" e as "medidas disuasorias oportunas" que "garantan a súa seguridade". Imos, algo así como que a tortura reciba un aplauso, e quen non aplauda, que se lle corten as mans en memoria ao "gran labor" de Pinochet.
Para concluír, reclama "un posicionamento claro e contundente na defensa do colectivo penitenciario". Tendo en conta que as persoas presas non están afiliadas, supoñemos que as exclúen como "colectivo penitenciario", polo que a súa situación segue na máis absoluta indefensión, e a reclamación será algo así como que se legalice a tortura para que non volvan producirse feitos como os que sucederon en Quatre Camins, que unhas persoas presas torturadas, decidiron denunciar aos seus habituais torturadores, algo que nunca se debería de producir nunha democracia e nun estado de dereito. Haberá que ver se UGTPresons esixe tamén a abolición da tortura para que poidan dar renda solta aos seus impulsos en completa liberdade.
Diso trátase de liberdade e non de privala..., aínda que sexa a "bicos", ou con "bonitos" cursos de teatro reinsertadores na múltiple submisión.
CÁRCERE = TORTURA
ESTADO DEMOLICIÓN
PD:Comunicado de UGTPresons
No hay comentarios:
Publicar un comentario