22 may 2013

Manifesto: Liberdade para os cinco anarquistas de Sabadell - Novo blogue

Poucas son as informacións que chegan de amizades e/ou persoas solidarias con as cinco perosas detidas, o mais que se atopou ata agora eran as típicas notas de desvinculación (e mesmo crítica destructiva) da CNT e outras de repulsa pola operación policial. Agora vimos de saber que un grupo de xente agrupada na Plataforma pola liberación dos cinco anarquistas detidos en Barcelona acaba de facer operativa a web http://freedomforthefive.wordpress.com/ con o gallo de "difundir a situación de Yolanda, Juan, Silvia, José e Xabier, os cinco anarquistas de Barcelona en prisión preventiva por defender a súa ideoloxía nas redes sociais e nas rúas" e alén convidan a que "se formas parte dun colectivo ou plataforma que queira dar apoio aos cinco detidos en Barcelona no pasado 15 de maio, podes facérllo saber mediante un correio a cincdebarcelona@hotmail.com, indicando o nome do teu colectivo e un enlace a vosa páxina web".

De seguido colamos o Comunicado unha vez traducido ao galego:

O pasado día 15 maio foron detidos nas súas casas, na provincia de Barcelona, Yolanda, Silvia, Juan, Xabier e José por orde da Audiencia Nacional española, nun operación policial que tivo como consecuencia, ademais, o rexistro, estrago e incautación de material de varias sedes anarquistas catalás.

Acusados de incorrer nos delitos de pertenza a grupo terrorista, enaltecemento do terrorismo, captación e adoutrinamento e depósito de substancias explosivas, impúxoselles prisión preventiva que actualmente cumpren no penitenciario Souto do Real (Madrid) lonxe dos seus familiares e amigos, baixo FIES de terceiro grao.

Os feitos aos que responden tales acusacións son: A suposta participación destes cinco anarquistas en páxinas de Facebook (Bandera Negra e Front Solidari de Barcelona, entre outras) que a fiscalía e os corpos de policía autonómica consideran "bandas terroristas" -malia non se poder demostrar a súa actividade fóra das redes -; a súa asistencia a manifestacións nas que se produciron incidentes e a difusión de opinións "que tiveron como fin o de difundir o ideario subversivo, para incitar e/ou cometer feitos delituosos contra o Estado e os intereses capitalistas" (Auto xudicial do 17/5/2013).

Por outra parte a fiscalía considera que o material incautado nos seus fogares reforza estas acusacións: Bandeiras e camisetas con iconografía anarquista, libros de filosofía libertaria, gasolina no garaxe, parafusos de diversas clases, tracas valencianas e foguetes cuxa comercialización é legal.

En relación con estes feitos dende esta Plataforma pola liberación dos cinco anarquistas detidos en Barcelona, cuxo propósito é a difusión e denuncia da situación inxusta na que se encontran, manifestamos:

1. Que, tendo en conta as "probas" nas que se basean, tales acusacións resultan desproporcionadas ata chegar ao ridículo e tremendamente inxustas, o que pon en evidencia unha vez máis a pouca validez do sistema político actual, a imperiosa vontade represora da clase dominante, o ADN profundamente fascista do Estado Español e a latente carencia de independencia política do noso sistema xudicial.

2. Que, o feito de que malia incriminárselles tales delitos non se lles aplicase a lei antiterrorista nin se seguise o procedemento habitual nestes casos, pon de manifesto o circo xudicial en que os nosos compañeiros están inmersos e a carencia de probas serias que induzan ao sentido común a pensar que se trata de terroristas.

3. Que a súa detención e permanencia en prisión responde a unha vontade claramente represora e de persecución ideolóxica a aqueles que rexeitan o réxime político actual, algo absolutamente inadmisible e inxustificable.

Por todo isto ESIXIMOS A INMEDIATA POSTA en liberdade DOS CINCO ANARQUISTAS DE BARCELONA e apelamos á solidariedade de todos aqueles que, ao igual que eles, rexeitan o inxusto sistema económico, político e social establecido. É por iso que pedimos a vosa axuda e apoio para difundir a situación de Yolanda, Juan, Silvia, José e Xabier, que non quede ninguén que non saiba da basta montaxe política, mediática e policial da que foron vítimas.

Queremos de volta aos nosos compañeiros, amigos, pais e nais. Querémolos libres e na casa, xunto aos seus.

1 comentario:

  1. Para quem tenha interés em lêr o auto do juíz Santiago Pedraz decretando a prisom sem fiança para estas cinco pessoas, podedes le-lo à ìntegra nesta ligaçom de Tokata.

    Surrealismo y Despropósito Jurídico: El Auto De La Audiencia Nacional De Encarcelamiento Para Los Anarquistas Detenidos En Barcelona:

    http://boletintokata.wordpress.com/2013/05/22/surrealismo-y-desproposito-jurdico-el-auto-de-la-audiencia-nacional-de-encarcelamiento-para-los-anarquistas-detenidos-en-barcelona/

    ResponderEliminar