Fixéronnos chegar a esta revista, para que lle deamos difusión, a intención de crear un bloque libertario e "antidesarrollista"(*) na manifestación convocada pola "rede ContraMINAcción contra a minaría destrutiva en Galiza" (máis información da convocatoria da manifa neste blog -AQUÍ) prevista para este domingo 2 de xuño en Compostela. A idea é apoiar a convocatoria, e as loitas das distintas vilas afectadas por estes proxectos ecocidas, dende unha perspectiva anarquista contraria a voracidade industrializadora que devasta a nosa terra e avoca o mundo a una lenta agonía.
C.R.
(*)"Antidesarrollista"= Si, castrapo pajuer, pero é que "antidesenvolvementista" é un palabro infame.
Un "apunte"..
ResponderEliminarou nos vemos o dia un de xuño, ou o vindeiro Domingo... as duas cousas xuntas non vai poder ser...
Agora mais en serio ...alo nos veremos.
Saude!
corregido (para quem nom entenda a brincadeira do antérior comentário, antes figurava no texto "domingo 1 de xuño"")
EliminarPois a mim me mola a palavra "decrescimentista" e mesmo "antidesenvolvista", o que considero um erro é utilizar mal as palavras a sabendas, pois nem colabouras a familiarizar-se com palavras "infames" (hai-nas em todos os idiomas) nem dás alternativas satisfactórias, senom que perpetuas o castrapismo.
ResponderEliminarE que fique claro que se bem nom som partidário de normativas nem legislaçons sobre uso das linguas, tampouco considero correcto que cada quem as modifique ao seu jeito, e menos se tiras do castelám para faze-lo "bonito", em tudo caso o lógico seria tirar dumha lingua com tronco comum (o português ??).
pra min hai unha diferencia teórica no uso de "decrescimentista" e "antidesenvolvista"... A primeira creo que se refire a un descenso gradual das forzas productivas, e a segunda pode servir pra expresar un rexeitamento frontal ao desenvolvimento... sen entrar por isto no debate filolóxico.
ResponderEliminarpero entón cando é a mani e a que hora é?
ResponderEliminarArriba, na nova, xa ven incluída unha ligazón que di claramente que para máis información, cliques nel. De todos xeitos, e para despexar xa toda dúbida futura, a mani é o domingo 2 (é dicir, este domingo) ás 12:00 da mañá, e sae da Alameda de Compos.
EliminarA devandita ligazón con mais info: http://abordaxerevista.blogspot.com.es/2013/05/contraminaccion-convoca-unha-grande.html