10 abr 2013

URXENTE: Nova Malleira a Noelia Cotelo !!!

Da AFAPP Galiza fixeronos chegar esta desesperante chamada de axuda de Lola, a nai de Noe, ante as torturas físicas e psicolóxicas que está a recibir Noe no centro de exterminio de Brieva. Ante isto só fica facer medrar a solidariedade das maneiras que cada quen considere, e insistir no envio masivo de faxes ao director deste cárcere, a secretaría xeral de Instituicións Penintenciarias e à "Defensora del Pueblo" (ver modelos ao final da noticia, e/ou tambén podedes poñer o que cada quen crea oportuno).

Copiamos e colamos (depois de traducilas) as palabras que Lola escreveu no seu facebook:

"onte a miña filla non puido falar comigo, déronlle outra malleira de morte, ten un ollo que non pode abrilo, o corpo cheo de hematomas das porradas que lle deron, a columna tambén apenas pode sosterse en pé, un oído que apenas oe, hoxe cando me chamou díxome que temía pola súa vida cando a sacaron da ducha nua e diante do Jesús, o que intentou violala e a xefa de servizos, en total cre que eran uns 10, eu temo muito pola vida da miña filla, o médico Juanjo pasa dela, intentouse levar un médico de fóra e non o deixan entrar, PIDO AXUDA se alguén pode axudala ,quero ver a miña filla viva, non me deixan vela dinme que é orde do director, grazas a todos que polo menos me escuitades, un abrazo,..."

BASTA DE TORTURAS, BASTA DE IMPUNIDADE
OS CÁRCERES NON SON A SOLUCIÓN, SON PARTE DO PROBLEMA
SOLIDARIEDADE CON AS PERSOAS PRESAS EN LOITA


Teléfono CP Brieva: 920 259023
Fax CP Brieva: 920 259034

Teléfono SGIP: 91 3354700
Fax DGIP: 91 3354052

Tfnes "Defensor del Pueblo":
Teléfono gratuito: 900 101025
Teléfono 24 horas: 91 4327900
Fax: 91 3081158

Modelo de Fax solicitando traslado a Galiza

Modelo de Fax denunciando torturas

Aquí tedes páxinas para enviar faxes gratis:
http://www.myfax.com/free/

http://www.freefaxbutton.com/free_fax_machine.php

Notícia redactada por eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario