11 abr 2013

[Italia] Comunicado de Sergio Stefani sobre a interrupción da sua folga de fame

Hai cousa de algo máis de 2 meses que publicaramos acá a decisión de Sergio Mª Stefani e Alfredo Cospito, presos anarquistas encirrados no módulo de alta seguridade 2 da prisión italiana de Alessandria, de comenzar unha folga de fame dado que non se lles permitía manter comunicacións com as suas respectivas compañeiras e amantes. Agora recibimos este seu comunicado onde Sergio conta os porqués de abandonala folga en 14 de marzo e a sua decisión de seguir na loita:

O 29 de xaneiro de 2013, decidín iniciar unha folga de fame despois de que o Tribunal de Milán (onde se trasladou o procedemento denominado "Operación Ousadía") decidiu denegarme a posibilidade de ter visitas con Katia, a miña compañeira. Así que conseguín vela soamente tres veces, un total de tres horas en case oito meses dende o momento do meu arresto. Ata o momento, volvéronme negar as visitas con ela despois dos últimos intentos realizados polo meu avogado.

O 14 de marzo, é dicir, tras corenta e cinco días de xaxún, comuniquei a miña intención de deixar a folga de fame. Nos últimos días os meus valores clínicos volvéranse preocupantes, o perigo de danos permanentes ou, mesmo, de coma glucémico parecía real, así que preferín non facer tal regalo ao meu inimigo. O que quero agora é evitar que ninguén interprete isto como unha derrota. Sempre crin, tanto fóra coma dentro, que cando un individuo decide actuar, loitar, atacar, obtivo xa a vitoria que, lonxe de calquera óptica de eficiencia ou cantidade, é emprender o camiño individual da liberación. Sigo crendo na acción directa, nas decisións ás que nunca renunciarei e nunca estivo nada tan lonxe de min como a idea do martirio ou a rendición. Loitar éncheme de alegría e recórdame onde se encontra o meu corazón, que latexa ao tolo na acción. Por iso, quero darvos as grazas as poucas compas que, dende fóra, estiveron preto de min sen choromicadas; os irmáns e as irmás no mundo que me saciaron e deronme forza coas chamas e a solidariedade revolucionaria que ofreceron cos seus ataques; aos meus "cómplices" prisioneirxs de guerra da sección AS2 de Alessandria, Ferrara e outras partes do mundo, estivestes preto, as vosas palabras nunca soaron baleiras e unido, ombro con ombro, a vos non tería podido caer nunca.

Gustaríame dar as grazas a muitxs máis compañeirxs pero, ao resto, a miña loita foi solitaria, ignorada e, quizais, ocultada deliberadamente. Sei ben que son incómodo como obxecto de solidariedade e non me sorprende. Pero a crítica debe servir para seguir adiante, para refacer o fío de vellas armas agora reaparecidas ou forxar novas, así que polo menos me dá pracer saber que, no último período, muitxs compañeirxs se someteron a autocrítica sobre a inexistencia da solidariedade cara aos presxs revolucionarixs e espero que, destas reflexións, xurdan novas propostas.

Pola miña banda, non encontro mellor xeito para reafirmar a miña vontade de non deixar de loitar nunca que aproveitar esta ocasión para anunciar a vontade de reactivar o proxecto dunha nova Cruz Negra Anarquista. Son meses nos que nos enfrontamos, algunhxs de nos, á necesidade dun instrumento de solidariedade que a caracterice coa calidade que, para nos, se redescobre, se reactiva e se vive: a solidariedade debe ser revolucionaria.

Polo demais, rematada a cuarta de folga de fame, simplemente aínda sigo crendo que rebelarse é xusto.

As palabras non poden salvarnos.
As palabras non poden romper as cadeas.
Só a acción fainos libres.
Destruamos aquilo que nos destrúe.


Sergio Maria Stefani
c.c. via Arginone 327
44122 Ferrara (Italia)

No hay comentarios:

Publicar un comentario