3 may 2013

RECORDATORIO.- 6 de Maio - Macroxuízo aos TORTURADORES do cárcere de Quatre Camins - Feitos e Convocatorias

Vários son os correos recebidos notificando este suceso novidoso no estado español, onde, por vez primeira, van sentar nas bancadas dos acusados 13 carcereiros acusados de torturas, depois de que en 2004 tivera lugar un motín nese cárcere como resposta contra o abuso e o maltrato que recebían a cotío algunhas das persoas presas e às suas familiares. Dicer que ese motín tivera grande repercusión mediática, dado que resultara gravemente ferido o subdirector da prisión e se retivera a um outro carcereiro.

Imos pois a dar pábulo dos acontecementos que levarom a estes torturadores a ter que sentar nesas bancadas que nunca pensaron que terían que ocupar, dado o altísimo nível de silenciamento e ocultación destas prácticas inhumanas no interior dos cárceres do estado espanhol, onde o habitual é que ante unha denuncia por malos tratos ou torturas, toda a equipa do cárcere (director, carcereiros, servizo médico, ...) fagan pinha para que desaparezan as denuncias ou se pasen a ser consideradas como delirios das persoas presas, cando non son os mesmos torturados os que son acusados de actuacións violentas contra os torturadores, con resultado de incremento das suas penas con beneplácito de xuíces e fiscais.

Para elo convidamos a visitar a web criada para a ocasión TorturesQuatreCamins2004 onde tendes aceso ao contexto e antecedentes do motín, aos propios feitos do motín e à sentencia do xuízo contra os presos amotinados, dado que como consecuencia do motín 13 presos foran acusados de participar e de instigalo, e así foran xulgados dende Decembro de 2008 atá Febreiro de 2009, con o resultado dalguns presos sentenciados a máis de 17 anos de condena.

Agora toca que senten os torturadores nas bancadas, dado que ese xuízo contra os participantes do motín de Quatre Camins ten estoutra parte que se vai desenvolver en 6 de Maio, e na que sentarán 13 carcereiros acusados de torturas aos presos que participaron no motín, entre eles, varios xefes de centro e quen, na altura, era subdirector médico, Xavier Martínez.

Dicer ademais que a administración de Xustiza fixera ver que pretendía aclarar o ocurrido e mesmo recoñeceran que uns 200 carcereiros de todalas prisións de Catalunya que estavan libres de servizo, se personaran en Quatre Camins e golpearan indiscriminadamente aos presos tras facerlles atravesar un corredor formado por estes carcereiros, cando ian ser trasladados a outras prisiones, pero aos sete meses de iniciar unha investigación interna, esta foi arquivada. Veremos agora no que fica todo isto, mais para que se saiba e non se esqueza e para amosar a solidariedade con as que luitan dentro dos cárceres, estase a levar a cabo unha serie de palestras por todo o estado, e agora é a quenda das mobilizacións e protestos, así que informamos das vindeiras convocatorias en apoio das persoas presas e dos represaliados durante o Motín de Quatre Camins:

-Domingo 28 abril MARCHA a Prisión de Quatre Camins con saída às 10H dende a Carretera BV-5002 Km 11 (solar do mercado municipal) en Vilanova del Vallès.

-Sábado 4 maio as 17:30h MANIFESTACIÓN en Rambla del Raval frente a UGT-Presons (dicer que tanto esta máfia como os seus compas de CCOO e CATAC van exercer a defensa legal dxs torturadorxs).

-Luns 6 as 09:00h CONCENTRACIÓN as portas da Audiencia Provincial de Barcelona. Día que declararán os represaliados.

-Semana do 13 ao 19 de maio Accións descentralizadas dentro e fora dos cárceres.


Como colofón da noticia colamos o texto que recebiramos hai días na nosa caixa de correo:

XUÍZO AOS TORTURADORES

A DEMOCRACIA NECESITA DA TORTURA PARA PERPETUARSE

Este próximo 6 de maio comeza o macroxuízo na Audiencia Provincial de Barcelona (Pg Lluís Companys, Sección 5ª) a 13 carcereirxs imputadxs por torturas sistemáticas a raíz do chamado motín de Quatre Camins de 2004. Tamén testificarán xs tecnócratas responsables nese momento da dirección xeral carceraria, para aclarar as torturas e a brutal represión que ata o día de hoxe seguen sufrindo os compañeiros presos sendo dispersados polos diferentes cárceres do estado, algúns deles en Réxime FIES 1CD, en illamento e unha morea de torturas máis.

O motín de 2004 xurdiu de forma espontánea cando xs carcereirxs agrediron os presos e os presos tiveron que exercer a lexítima defensa para protexer a súa vida. Ademais no cárcere de Quatre Camins xs carcereirxs torturaban cotiamente os presos con total impunidade. As torturas estaban a ser denunciadas ás institucións da democracia asasina que sinistramente amparaba e ampara xs torturadorxs.

Toda a impunidade dxs carcereirxs lles é outorgada dende os poderes do estado, o poder executivo, o poder lexislativo e o poder xudicial.

Nun primeiro xuízo que se celebrou en decembro de 2008, os compañeiros, inocentes das acusacións da montaxe xudicial, foron duramente condenados a moitos anos de cárcere, a un total de máis de 200 anos. Varios deles sumaron as súas condenas 19 anos máis, converténdose a súa situación penitenciaria nunha cadea perpetua encuberta, simplemente polo feito de non se deixar illar e torturar en celas de illamento. Os presos fartos de ser torturados ás mans dxs carcereirxs, fartos de denunciar as torturas e fartos de ver como estas eran arquivadas e sobresidas, encontrábanse nunha calexa sen saída dende onde tiveron que exercer a autodefensa. É polos seus actos de resistencia que hoxe nos encontramos nun contexto político con 13 carcereirxs imputadxs por torturas.

Os sindicatos UGT-UGT-Presons, CC.OO e CATAC, exercen a defensa legal dxs torturadorxs, sendo parte do brazo armado do estado que tortura e asasina dende as súas corporativas sindicais.

Xavier Martínez, subdirector médico de Quatre Camins en 2004, está imputado cunha petición fiscal de anos de cárcere por participar e ser o organizador das torturas aos presos. Un caso evidente da colaboración e o encubrimento das torturas por parte dos servizos médicos carcerarios dentro do sistema penitenciario.

O Síndic de Greuges, valedor do pobo de Catalunya, ante un episodio tan grave de torturas decidiu mirar a outro lado e non se presentar como acusación particular no proceso xudicial. Nestes últimos anos gobernaron no Síndic de Greuges dous coñecidos tecnócratas carcereiros, Ignasi García Clavel e Ángel Gómez Muñoz, sendo o primeiro ex director xeral de serveis penitenciaris de Catalunya e o segundo ex subdirector no departamento de traslados e dispersión de presxs.

Os cárceres son a ferramenta da clase privilexiada para rematar con calquera forma de disidencia que poña en perigo os seus privilexios. É por ese motivo que os cárceres encerran as persoas pobres, as desposuídas que non se resignan e se rebelan ante o poder, a orde e as leis.

Por elxs, por nós e pola destrución de todo aquilo que nos oprime. Nin cárceres, nin CIES, nin centros de menores, nin psiquiátricos. Facemos un chamamento á solidariedade cos represaliados por este caso e con todas as persoas presas que son sometidas a torturas en todos os cárceres do estado e do mundo.

DINAMITEMOS OS MUROS DE TODOS OS CÁRCERES!

REMATEMOS CON TODAS AS FORMAS DE DOMINIO!

AUTODEFENSA!


Noicia redactada e traducida por eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario