7 mar 2013

[Vigo] Sábado 9.- "Da RISGA á Renda Básica das Iguais". Obradoiro de ferramentas para a transformacion social

Damos conta desta convocatoria recibida na nosa caixa de correos:

Día: Sábado 9 de marzo
Hora: 11h00 a 13h30
Lugar: parroquia do "Cristo da Victoria" (rúa Baiona 9, Coia - Vigo)

Con esta xornada abordaremos a necesidade de poñer en marcha espazos e dinámicas transformadoras, que partan da esixencia dos nosos dereitos a través da denuncia e da loita. E non dende a miseria de parchear situacións de exclusión que só logran tapar a realidade de desigualdade e inxustiza que provoca o sistema capitalista.

Na mañá teremos dous momentos de reflexión en común:

1º Análise da desprotección social, partindo da RISGA. Dinamizado por María Martínez, traballadora social e por Ana Belén Méndez, profesora do Grao de Traballo Social no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

2º Ferramentas e estratexias para a transformación social: RBis, puntos de información, apoio mutuo, desobediencia, comunicación crítica... Dinamizado por Manolo S. Bayona de Baladre.

Organizan:

- ODS-Coia Oficina Dereitos Sociais - Coia
- G.A.S. (Grupo Axitación Social)
- Baladre (Coordinación de loitas contra o empobrecemento, a exclusión e a precariedade)

No hay comentarios:

Publicar un comentario