Recollemos da web de EsCULcA esta notícia que ven a dar conta de que no semanario en papel de SermosGaliza de hoxe 15 de marzo, o seu Caderno de Análise "A Fondo" é dedicado ao exame das restricións que sofren as liberdades. Este monográfico foi coordenado por EsCULcA e inclue artigos de análise das políticas restritivas dos gobernos e o papel dos organismos internacionais, así como testemuños das persoas afectadas por esta situación, entre eles os de Dolores Riveiro (nai de Noelia Cotelo) e Álvaro Rodríguez Caride (pai de preso galego).
Clicando acá en "Leer más" tendes aceso aos titulares do seu contido
O Caderno abre cunha reflexión (“O autoritarismo como quimera”) de José Ángel Brandariz García. O profesor de dereito penal da Universidade da Coruña e membro da Xunta Directiva de EsCULcA, analisa as actuais políticas en material policial e punitiva (o chamado programa spanish ñeocon).
“Liberdades na rúa: a loita polo dereito” (da propia EsCULcA) e “Cárceres na Galiza: zona de 'non dereito'”, de Fernando Blanco Arce, presidente do Observatorio, documentan cun importante volume de datos ben contrastados vulneracións de dereitos e actuacións irregulares de axentes das forzas policiais e funcionarios de prisións, ao tempo que revelan as complicidades políticas que facilitan a impunidade destas actuacións.
Julen Arzuaga, deputado vasco e membro do observatorio Behatokia, mostra en “A tortura: unha visión non de parte” o papel dos organismos internacionais na loita legal por erradicar a práctica da tortura e as iradas reaccións dos diferentes poderes do Reino de España frente ás críticas destes organismos.
Finalmente, Médicos do Mundo examina unha das mais infames formas de acoso às persoas inmigrantes: a perda de dereito a asistencia sanitaria, unha medida de tintes xenófobos que alarga a longa lista de discriminacións que sofre este colectivo, asediado por controis policiais racistas, criminalización das súas actividades, internamento irregular en centros prisionais,etc.
No centro do Caderno, dúas entrevistas. Álvaro Rodríguez Caride (pai de preso galego) e Dolores Riveiro (nai de pesa galega), desvelan a dimensión mais dolorosa da vulneración de dereitos de que son obxecto as persoas presas. Internas, nestes dous casos, en penais ubicados a centos de quilómetros da terra.
15 mar 2013
"Restrición das liberdades na Galiza: o visíbel e o oculto"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario