Recollemos da web de EsCULca
Dúbidas sobre as actuacións dos xulgados de Betanzos
O xulgado de instrución tres de Betanzos ditou o pasado 8 de xaneiro auto de arquivo no procedemento penal seguido contra funcionarios da prisión de Teixeiro por lesións e tortura a A.P.M. (ver notícia da denuncia neste mesmo blogue: acá). A pesar do testemuño da única persoa que presenciou os feitos, a xuíza xustifica as feridas alegando necesidade de reducir o preso. EsCULcA figura como acusación popular.
Os feitos remóntanse a xaneiro de 2011, cando A.P.M. denunciou ter sido espancado, primeiro na sua cela e posteriormente no módulo de ingresos, por varios funcionarios do penal de Teixeiro.
Na súa declaración como testemuña durante a tramitación das dilixencias previas, don A.P.L., compañeiro de cela do agredido, confirmou a versión de denunciante sinalando que non houbera incidente algún que poidese xustificar a actuación reximental dos funcionarios.
No entanto, en contra de tan coincidentes indicios, a xuiza Maria de Luna Taboada Martinez dita agora auto de sobresimiento sinalando que o informe médico forense indica que as feridas constatadas son "compatíbeis coa necesidade de reducir o interno dado o seu estado de axitación"
Esquece a titular do xulgado 3 de Betanzos que, fora da versión dada pola propia prisión para xustificar a agresión, non existe proba algunha de que A.P.M. se encontrase no que ela denomina “estado de axitación" no momento de se produciren as feridas e que a única testemuña dos feitos nega que o preso agredido se encontrase nese estado.
Esquece tamén que o recoñecemento forense tivo lugar meses despois da agresión e foi realizado sobre os informes dos médicos de prisión, funcionarios con dependencia da propia institución penitenciaria.
Continuando unha práctica reiteradamente criticada por organismos que defenden a necesaria imparcialidade da xustiza e a igualdade perante a lei, a xudicatura de Betanzos aplica mais unha vez criterios propios para tramitar un procedemento penal en que o denunuciante é unha persoa presa.
EsCULcA anuncia que recorrerá en reforma e posteriormente, se preciso for, en apelación o que considera inxustificado arquivo do recurso.
Ver aqui o auto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario