1 mar 2013

Comunicado de accións anarquistas en Barcelona e resposta ás nihilistas


Enviado por un compa ao noso correo, consideramos de muito interés este "Comunicado" publicado en Indymedia Barcelona (ver acá), que traducimos e colamos e aguardamos que dea para reflexión e debate (a ese respecto recomendamos visionar os comentarios do IMC Barcelona):

Con este comunicado, queremos reivindicar as seguintes accións, como parte dunha loita pola destrución do Estado, o Capital, o patriarcado e todo sistema de dominación, unha loita para a creación libre de relacións voluntarias e solidarias a nivel global e a nivel local; noutras palabras, unha loita pola anarquía.

- 5 de xaneiro, pola noite, contamos un conto a un neno sobre os maquis e a loita anarquista contra Franco e contra a democracia.
- 13 de xaneiro, cociñamos unha comida saudable para unha compañeira que ten unha enfermidade crónica.
- 17 de xaneiro, escribimos unha carta a un compañeiro encarcerado por participar nun disturbio.
- 12 de febreiro, coidamos do neno duns amigos os que padecen precariedade económica e a obriga imposta do traballo asalariado.
- 16 de febreiro, falamos abertamente cos nosos veciños acerca da necesidade de queimar bancos e atacar a policía para realizar os nosos sonos.
- 19 de febreiro, dixemos a algúns activistas de esquerda que os encapuchados non eran policías infiltrados senón que eramos nós, e que era necesario e bo encapucharse e tomar as rúas pola forza.
- 28 de febreiro, regalamos verduras do noso horto a amizades e vecindade, sen diñeiro nin intercambio.

Por que reivindicamos estas accións? Nos últimos meses, tamén cruzamos colectores, queimado bancos, ferido xornalistas, roto os cristais de comercios e atacado á policía.

Para nós, os ataques contra o sistema son esenciais na nosa loita. Pero enganámonos a nós mesmas. Unha loita non consiste só en ataques. Os ataques non son máis importantes que a necesidade de coidarnos, de manter e difundir a nosa historia colectiva, de crear relacións baseadas no regalo, a solidariedade e a reciprocidade, de imaxinar novos mundos e novas loitas, de confrontar o noso illamento e de establecer relacións subversivas e honestas con xente fóra do guetto categórico e político no cal o Espectáculo nos esconde.

Vólvese evidente que perdemos varias veces no pasado, e que o máis duro de todo é a fractura histórica e a perda da nosa memoria de loita; é ter que empezar de cero. A hiperalienación, contra a cal o nihilismo é a resposta lóxica, non é máis que o resultado da derrota en loitas pasadas. Encontrámonos nunha totalidade que hai que destruír, só porque non queda nada do que construímos no pasado. Para non perder todo cada vez que nos sublevamos, temos que sosternos, non como individulidades illadas senón como unha comuna, como unha loita colectiva e multixeracional. E isto non se pode conseguir a través dunha priorización exclusiva dos ataques.

A xerarquía de tácticas pertencente á esquerda foi minimamente transformada dentro do nihilismo: colleron a punta de lanza, as accións supostamente máis importantes, como as únicas que importaban, e esquecéronselles as demais.

Isto é unha visión patriarcal e contraproducente. Isto é o esquecemento de todas as accións -primeiro invisibilizadas polo patriarcado, despois polo capitalismo, e por último pola esquerda supostamente anticapitalista- que son necesarias para a vida e tamén para a loita. A táctica máis agresiva só ten sentido e ten a posibilidade de ser sostida dentro dun complexo de accións de todo tipo sempre que sexan libertarias e directas.

Ao non entender que loitar significa levar connosco un novo mundo que está a esperar nacer nas cinzas do sistema de dominación, transformámonos en meras armas contra o capitalismo, en ferramentas dedicadas a destruír, sen as outras cousas que os humanos necesitamos para vivir e loitar. É o capitalismo que quere tratarnos como ferramentas. Nós non deberiamos facer o mesmo.

A verdade é que nos entusiasma decatarnos dos ataques dos nihilistas e doutros compañeiros. Coñecemos moi ben que a valentía e a rabia son dous dos elementos máis importantes para rebelarse. Especificamente en Barcelona, pareceunos un erro que no último ano foron realizados menos ataques ilegais mentres apareceron máis oportunidades de participar en espazos amplos. Naturalmente, o aumento de ataques -levados a cabo por nihilistas e por compañeiros máis ben "sociais"- gustounos. E a un nivel global, rimos cando nos decatamos do balazo no xeonllo ao director da central nuclear Ansaldo en Italia e estivemos inspirados a ler cartas de compañeiros (nihilistas e outros) encarcerados en Grecia que non se renderon ao medo.

Pero demasiadas veces vimos compas que, partindo do desespero, a impaciencia, e a alienación, se lanzaron descoidadamente á guerra contra o Estado que todos nós vivimos diariamente. Elxs sempre remataron mortxs ou en prisión, e a miúdo en menos dun ano. - E despois que pasou? Xs compañeirxs que sobrevivimos, fixemos todo o que puidemos para apoiarnos e apoiar xs presxs, para non esquecer xs asasinadxs, para non deixar que gañase a represión, para non perder toda a nosa forza e non permitir unha fractura histórica que nos quitaría a nosa memoria colectiva de loita.

Pero pouco a pouco esta memoria estase a perder, e cada catro anos aparece un novo grupo que descoida as outras tarefas da loita para dedicarse soamente á destrución do noso inimigo común. E cando lles apoiamos pero tamén lles criticamos ou mesmo ás veces sen tan sequera criticalos chámannos covardes por dedicarnos a outras tarefas (aínda que tamén participemos nos disturbios ou en accións nocturnas), por discrepar con elxs ideoloxicamente e por non glorificar o seu grupo ou a súa federación informal.

Elxs non saben cantas veces xa perderon porque unha tarefa que descoidan é a transmisión da memoria. [1] en vez dunha memoria profunda, viva e estratéxica, só teñen as suas martiroloxías. E entón temos que presenciar como xs nosxs amigxs e compañeirxs se converten en símbolos -e ao final en armas- da ideoloxía. Algúns dos compañeiros mortos si que eran nihilistas. Pero dentro da martiroloxía nihilista tamén se recuperan compas que non pertenceron nin a unha banda nin a outra ou xs que pertenceron claramente á outra banda nesa división estúpida entre "sociais" e "antisociais" (como Lambras Foundas). Os seus nomes e imaxes son usados para animar ataques, á destrución total, sen parar a reflexionar sobre os seus erros ou os verdadeiros proxectos e desexos que estxs compañeirxs tiñan cando estaban vivos.

Queda claro que temos que loitar o cal leva consigo posibilidades de morte ou prisión. Pero non significa que teñamos que celebrar a morte ou a prisión. O suicidio tamén é unha forma de resistencia, pero non é revolucionario.

Queda claro que temos que recordar nosos mortos e prisioneiros, pero non significa convertelos en mártires ou en heroes.

En conclusión, queremos criticar o estado actual da literatura anarquista, tal e como está baseada desproporcionadamente en comunicados superficiais que carecen de contexto, análise e reflexión, e que só valorizan os ataques e non as outras tarefas que temos que levar a cabo para manternos vivos e fortes.

Por suposto, isto axúdanos a decatarnos das accións clandestinas habidas por outros compañeiros. Dános forzas e alegría ler que algún símbolo de poder foi quebrado ou queimado. Pero é moito máis útil pensar (e escribir) acerca de estratexias de conflitividade, de acordo con cada momento e lugar, en vez de fomentar a visión cuantitativa da loita.

Rexeitamos converter a nosa rebelión nunha ecuación matemática para medir a nosa rabia: cantos máis golpes e incendios produzamos, máis fortes seremos; canto maior sexa o dano económico, máis potente será a acción. É o pensamento dun economista, dun xeneral ou dun idiota.

Por todos estes motivos, decidimos escribir este comunicado para reivindicar unha serie de accións que consideramos igual de importantes como os ataques na situación actual. Son accións que facemos cada semana, normalmente sen pensalo dúas veces nin o publicar en internet. Publicámolas agora para visibilizar unha preocupación persoal e unha debilidade xeneralizada ao longo do espazo anarquista.

CONTRA OS COMUNICADOS!
POLA ANARQUÍA E TODAS AS TAREFAS DA LOITA!


[nota 1: por exemplo, "tampouco recordamos o pasado, porque o odiamos... destruímos o presente" dende o comunicado de "Anarquistas Nihilistas" de Barcelona, 25 de abril 2012]

No hay comentarios:

Publicar un comentario