Da Biblioteca Anarquista de Compostela "A Ghavilla" recebemos esta nova convocatoria do seu Cinema-Forum
Un filme que trata da problemática da instalación dumha megaminaria por umha companhía estranxeira, da destrucción do medio ambiente e da resposta do pobo ante esta desfeita. Unha historia real que máis de un século despois estamos a reviver na Galiza grazas à nefasta política da Xunta que está a vender a nosa terra con a lenda "Galicia é unha mina" . Colamos en "Leer más" a sinopse deste interesante filme:
Finais do século XIX. Umha poderosa companhía inglesa obten a concesión para explorar durante máis de 30 anos as milenarias minas de Riotinto, en Huelva. Blanca Bosco, umha cría de 9 anos e a sua inseparable amiga inglesa Kathleen, sobrinha do director, son testemunhas das miserabeis condicións de vida dos operarios, entre os que abondan meninhos, e da terrible contaminación atmosférica e a chuva ácida. Colleitas, gando, árbores ríos, pero sobre todo a poboación, desde Sevilla ata o sur de Portugal, sofren os fumes tóxicos.
A chegada à vila de Maximiliano, un revolucionario anarquista, representa umha esperanza para todos.
Este filme está baseado na greve que tivera lugar nas minas: Mineiros, agricultores e miles de persoas vindas de toda Huelva, seguen a Maximiliano en 4 de Febreiro de 1888 numha manifestación pacífica: na primeira toma de conciencia ecolóxica da historia de Riotinto.
11 mar 2013
[Compostela] 12 Marzo, martes às 20:00' , "O Corazón da Terra" no Cinema-Forum "A Ghavilla"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario