14 feb 2013

Manifestación este domingo en Coristanco contra a mina de ouro de Corcoesto

Xa está convocada a primeira e grande manifestación contra a mina de ouro de Corcoesto. A Plataforma pola Defensa de Corcoesto vén de convocar e invitar á participación social na concentración-manifestación que se desenvolverá o vindeiro domingo 17 de febreiro ás 18:00h.

Esta mobilización social está convocada para expresar a protesta da veciñanza polo intento da empresa canadiana Edgewater de instalar unha mina a ceo aberto na parroquia de Corcoesto e que afectará directamente aos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso e por ende á ría de Corme-Laxe.

Lémbrannos que “a posible instalación desta mega-mina a ceo aberto está apoiada decididamente pola Xunta de Galicia e goza da complicidade manifesta dos alcaldes dos tres concellos citados”.

Deste xeito, dende a entidade, afirman que “queremos un futuro para a nosa comarca que non pase pola destrución do territorio, a contaminación das súas augas, a eliminación da nosa forma de vida e dos nosos recursos naturais.

Queremos un desenvolvemento económico racional e sustentábel para a nosa comarca e non a espoliación dos nosos recursos por parte do canadianos de Edgewater”.

Máis información en:
-Na web da Plataforma
-Quepasanacosta

No hay comentarios:

Publicar un comentario