Xa está programada a 1ª tanda de filmes que, como dezimos no titulo desta entrada, serán proxectados no noso local todolos martes (agás festividades) às 20:00' (comenzo pontoal salvo imprevistos) e nesta primeira pogramación convidamosvos a visionar (e depois si se quixer a opinar) os seguintes filmes: o 19 de febreiro.-“Os Catrocentos Golpes” de Truffaut realizado en 1959 (92 min.); en 26 de febreiro.- “A Estratexia do Caracol” de Sergio Cabrera de 1993 (116 min.); en 5 de marzo.- “Voando Vou” de M. Albaladejo filme de 2006 (105 min.) e en 12 de marzo.- “O Corazón da Terra” de A. Cuadri de 2007 (90 min.).
A idea deste Cinema Forun é compartillar o pase do filme (o comenzo será pontoal às 20:00', salvo imprevistos) e depois ter un debate ou comentar ao respeito da temática do filme.
A entrada é debalde e haberá servizo de ambigú para axudar a sufragar os gastos do local.
Se clicades en "Mais información" tendes unha sinopse de cada filme.
19 Febreiro .- “Os Catrocentos Golpes” (F. Truffaut, 1959, 92 min.)
Este filme testemunhal da segunda posguerra europea posue certo carácter autobiográfico e forma umha simbiose con o pequeno protagonista, Jean-Píerre Léaud. Foi rodado en cenarios naturais e con moi poucos meios, rompendo o estilo do cinema de «qualité» que imperaba na Francia daquel período.
Os críos e adolescentes de Truffaut rondan a sua autobiografía. Os seus non son aceitados pola sociedade: non son antisociais, senon asociais... están a marxe, pero non en contra.
«Os catrocentos golpes é a crónica dumha soedade e desamparo. A historia dun meninho que palpa o sensabor do olvido e que busca a sua propria identidade no instinto da liberdade. François Truffaut, quen comprendeu como poucos cineastas o que lle fixera o sentido da frustración na nenez, descobre con fino talento cinematográfico a psicoloxía do desarraigo que aninha na entranhable personaxe central detsa dura narración.»
26 febreiro .- “A Estratexia do Caracol” (S. Cabrera, 1993, 116 min,)
O caracol, animal que leva sobre as suas costas o seu fogar, non só é a cristalización da idea do acceso libre e igualitario à vivenda digna, da conquista e defensa dese direito tan básico, senón das posibilidades certas que temos todas de construir o noso fogar que, no caso dos seres humanos, realizase cooperativamente.
“La estrategia del Caracol” non só é un filme que desenvolve un guión máis que interesante e criativo, umhas personaxes queribeis e umha ambientación e fotografía espectacular, senón que se constitue numha reflexión acerca das estratexias e obxectivos que tenhen as comunidades humanas de enfrontarse e resolver os problemas, baseados no apoio mútuo: “de cada un según a sua capacidade” nos di aquél vello miliciano anarquista espanhol achegado a terras colombianas, ao que o “Perro”, candidato a leguleio, responde “que esta estratexia non ten precedentes” e nunca a terá no marco democrático representativo.
“La estrategia del Caracol” xulga a realidade latinoamericana e non só a colombiana, con palabras precisas, entonación firme e segura. Amosa a diversidade na unidade. A posibilidade da unidade da diversidade. A sociabilidade popular baseada nas confianzas e necesidades humanas, individuais e colectivas. Que non importando as circunstancias adversas a que nos enfrontemos, moi superiores ao individuo, sempre nos teremos os uns aos outros, a solidariedade por riba do autoritarismo, da astucia e picardía popular à regulamentación legal, da posibilidade de realización dumha sociedade libre e cooperativa ainda en medios desfavorabeis. Porque tal como nos sinala esta estratexia, máis alá da regulamentación política e a determinación histórica-legal, sempre existe a posibilidade grazas à vontade e a solidariedade humana, “levantando un novo teito non porque as leis asín o demanden, senón porque o necesitamos
5 marzo .- “Voando Vou” (M. Albaladejo, 2006, 105 min.)
Getafe, finais dos anos 70. A gente mira extranhada como un 600 sen conductor atravesa a rua a toda velocidade. Ao volante vai Juan Carlos, "El Pera", un crio de 9 anos con umha extraordinaria habilidade para manexar coches.... e para roubalos. "El Pera" vive a rua como centro de operacions e lugar de aprendizaxe, sen regras nen límites e mantivera en xaque à policía e a Guardia Civil da época. Pero a sua sorte mudará cando chega à Cidade Escola dos Muchachos de Leganés.
Un filme que ’se alonxa dos filmes almibarados de xovens delincuentes do cinema americano, que son dificis de crer, dado que a historia de Juan Carlos, ainda que difícil de crer, é real’.
12 marzo .- “O Corazón da Terra” (A. Cuadri, 2007, 90 min.)
Finais do século XIX. Umha poderosa companhía inglesa obten a concesión para explorar durante máis de 30 anos as milenarias minas de Riotinto, en Huelva. Blanca Bosco, umha cría de 9 anos e a sua inseparable amiga inglesa Kathleen, sobrinha do director, son testemunhas das miserabeis condicións de vida dos operarios, entre os que abondan meninhos, e da terrible contaminación atmosférica e a chuva ácida. Colleitas, gando, árbores ríos, pero sobre todo a poboación, desde Sevilla ata o sur de Portugal, sofren os fumes tóxicos.
A chegada à vila de Maximiliano, un revolucionario anarquista, representa umha esperanza para todos.
Este filme está baseado na greve que tivera lugar nas minas: Mineiros, agricultores e miles de persoas vindas de toda Huelva, seguen a Maximiliano en 4 de Febreiro de 1888 numha manifestación pacífica: na primeira toma de conciencia ecolóxica da historia de Riotinto
No hay comentarios:
Publicar un comentario