7 feb 2013

MAIS INFORMACIÓN URXENTE .- Noelia Cotelo en PERIGO (Concentración, Modelo de Envío de Faxes e Marcha a Prisón de Brieva)

Recebemos de "Cuarto Grado Salamanca" esta información que complementa a relatada no anterior post sobre a situación de Noe. Estes son os atos convocadas en solidariedade con ela e con todas as persoas presas:

ENVÍO DE FAXES Días 6, 7 y 8 de Febreiro a SGIP (913354052) e ao "Defensor del Pueblo" (913081158) Descargar acá Modelo de Fax

CONCENTRACIÓN EN IIPP (C/ Alcalá, 38-40; 28014 MADRID) Día 7 de Febreiro às 11:00 horas.

MARCHA AO CÁRCERE DE BRIEVA (ÁVILA) Día 10 de Febreiro às 12:00 horas na vila de Brieva.


Esta é a situación que relatan xs compas de Salamanca:

- TORTURADA (de novo) no CÁRCERE de BRIEVA (ÁVILA)

A data de 05/02/2013 a sua vida atopase en grave perigo. Ás 17:30 deste Luns, chamou à sua nai para informarlle de que a tiveran alxemada dende as 10:00 ata as 16:00. Momento no que a Doctora de Brieva lles dixo a@s carceleir@s que debería estar en repouso e na cama dado que Noelia tiña un valor de glucosa de 30 mg/dl. Polo que podería entrar en COMA HIPOGLUCÉMICO.

Noelia estaba alxemada pola malleira recebeda d@s carceleir@s no día anterior. Polo que agora ten todo o seu corpo cheio de moratóns. Ademáis, dende a semana anterior neganlle as visitas da sua nai e amigas, a asistencia sanitaria, asín como o direito à “educación”.

Istos son os últimos acontecementos, pero dende o 23 de Outubro @s carcereir@s: Abusaron sexualmente dela entanto estaba durmida, drogada polos carcereiros e alxemada à sua cama. Romperonlle o seu pulso e golpearona en múltiples ocasións. Fixeronlle chantaxes e ameazarona con ficar sen visitas. Roubaronlle roupa, mantas, xerséis e demáis roupa de abrigo, cando no cárcere de Brieva non hai calefacción. Obrigarona a ducharse con auga fría. Negaronlle visitas para tentar aillala, tambén reducironlle o número de horas de vis a vis. Manteñena drogada con unha dose altísima de psicofármacos. Negaronlle as horas de patio (cando normalmente sae media pola mañá e outra media pola tarde, completamente soziña). Negaronlle toda asistencia médica...

Están enmascarando todo isto, falsificando os dados médicos, aillándola…

Leva 5 anos en Réximen de Aillamento, 5 anos resistindo privación sensorial, catalogada pola ONU como Tortura Branca.

Con todo isto queremos dicer que Noelia non é a única, no cárcere de Brieva, en 28 de Decembro @s carcereir@s, pegaron e arrastraron polos pelos a unha presa e cando o resto das suas compañeiras saltaron para defendela, deuse a Alarma de Motín. Actualmente, TODAS foron dispersas por diferentes cárceres ou módulos.

O cárcere de Brieva non é a única, e istos aconteceres sucedense a cotío nas prisións de todo o Estado.

O Estado está enmascarandolo e a sociedade xustificalo e lexitima. Non consentimos que se sega a iñorar e falsear esta realidade.

Basta de Torturas, Basta de Agresións, Basta de Silencios. Basta de Prisións.

SOLIDARIEDADE URXENTE CON NOELIA, ELA ESTÁ DISPOSTA A LUITAR ATA O FINAL.

SOLIDARIEDADE CON XS NOSXS COMPAÑEIRXS EN LUITA!

CÁRCERE = TORTURA


Para máis información (tambén sobre o caso de Noelia):

Neste mesmo blogue de Abordaxe

No blogue Carcel=Tortura

No blogue de AFAPP Galiza

No hay comentarios:

Publicar un comentario