Colamos da web da CNT galaica:
Tres meses despois da última folga, a do 14 de novembro, un compañeiro deste sindicato que non foi nen sequera identificado polo exército privado do capital foi detido hoxe no medio da rúa. En solidariedade con el, concentrarémonos mañá, mércores 6 de febreiro, ás 12.00 nos xulgados de Compostela.
Dentro dos feroces ataques que o capital e os seus cans están dirixindo por todos os medios contra a clase traballadora, a estratexia da que máis gustan é a escalada represiva, non é novidade. Os mesmos que enchen o peito e falan de liberdade e democracia, demostran día a día o que son e o que merecen. A campaña de criminalización centrada na Galiza, que o PP e os seus medios lacaios alentan dende hai xa tempo para agachar a súa merda e as súas vergoñas, parece medrar agora coa incorporación de profesionais da persecución e a represión que noutros lugares quedaron sen emprego.
Eses son os empregos que este sistema defende e protexe: todos os que teñan que ver coa explotación, a represión e a privación de liberdade da clase traballadora, os que fan medrar o medo e castran calquera resposta. É o que quere a oligarquía na que vivimos: que a metade da población forme parte dos corpos represivos do estado para manternos a traballadoras e traballadores acollonados.
Chamamos a solidariedade das compañeiras e compañeiros, porque se nos tocan a un, tócannos a todas!
Despois de declarar esta mañá nos xulgados, o noso compañeiro segue detido. Levárono dos xulgados á súa casa para facer un rexistro, mostra do nivel que está a alcanzar a represión neste momento.
ResponderEliminarPor iso, para amosar ao noso compañeiro todo o noso apoio e solidariedade,convocamos unha concentración esta tarde, na praza de Cervantes, ás 20.00.
Sen ter declarado aínda nos xulgados, o noso compañeiro segue detido.
ResponderEliminarhttp://www.cntgaliza.org/?q=node/1470
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/02/07/detenido-disturbios-huelga-14-n/0003_201302G7P12993.htm
ResponderEliminar