20 feb 2013

[A Corunha] Vídeo da Mobilización contra o desafiuzamento de Aurelia

Colamos de GalizaContraInfo


Ao redor das dez da mañá de antonte luns 18, preto de 300 de persoas se concentraban na rúa Padre Feijoo convocadas pola plataforma Stop Desafiuzamentos da Coruña para evitar que boten da súa vivenda a Aurelia, unha muller de 85 anos. Cara o mediodía a xente celebraba a nova de que a comisión xudicial decidira a paralización temporal do desaloxo, mais ás dúas, cando umhas poucas activistas estaban no lugar, aparece un amplo dispositivo policial para cortar a rúa e executar a orde xudicial. En resposta varias decenas de persoas volven a concentrarse no lugar. As tres da tarde a xente racha a barreira policial producíndose diversos enfrontamentos cos antidisturbios e a policía local. Sobre as tres e media os corpos represivos e funcionarios xudiciais retíranse ante a imposibilidade de romper a cadea que pechaba o portal e pola presión exercida polas veciñas e veciños da cidade.

Galería de imaxes aquí

De momento a situación está en calma mais con vixianza por quendas de activistas en apoio de Aurelia e como medida para evitar unha outra xogada trapeira dos xulgados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario