Xa van case dous anos nos que se iniciaba unha campaña de apoio a Gilbert Ghislain, que despois de pasar más de 20 anos da sua vida no cárcere no estado español, foi extraditado a Francia condeado a 18 anos, fai xa 28 anos, por unha serie de atracos en Francia…
Cumpridos 7 anos, logrou fugarse en helicóptero ao estado español.
Nestes dous anos as únicas ferramentas xudiciais empregadas foron botadas abaixo alegando "conflitos de interese", mentres xuices e procuradores manteñen ilegalmente a unha persoa en prisión.
A finais do pasado mes de decembro, despois do xuizo pola apelación contra os 4 anos de condea pola fuga en helicóptero, anunciábase a deliberación.
Difundo esta nova información ao respeito.
Información ofrecida por A., colabouradora deste blog.
Gilbert foi condeado a 2 anos máis de condea polo Tribunal de Pau pola fuga en helicóptero de Lannemezan.
Esta condea é ilegal primeiro porque cando España entregou a Gil a Francia, fíxoo en base a un mandato de arresto por outra condea. Se Francia queria condear de novo a Gil, ten que pedir permiso para a celebracion do xuizo. Así se manifestou ante o Xuiz de Pau.
Sen embargo da-lles igual... O obxetivo principal é que Gil non saia.
Tamén celebrouse a audiencia polo "amenagement" para que saia con pulseira, traballo, vixiado e toda a merda.
Tampouco parece que lla vaian dar; o Procurador de Troyes (fiscal) xa se manifestou na sua contra, polo tanto ainda que a Xuiza nos dera o si, este procurador encargarase de que haxa un non.
E polo que se nos dixo o Procurador Xeral de Paris tamén está en contra.
Polo que parece teñen medo a que se fugue... A Lei di que el deberia estar libre, sen pulseira e sen obrigas. Sen embargo eles teñen medo a que se fugue.
Tamén opóñense ao Dossier que presentamos; "no lles parece ben" é a sua resposta; nen unha lei, nen unha xurisprudencia, nada en contra salvo a opinión subxetiva dun procurador.
Gilbert esta só. Non ten apoio e todo o que hai que mover o move soa a sua compañeira, a cual non sabe case Francés.
Temos ante nós un secuestro ilegal e a todo isto Gilbert cumpriu 30 anos de condea.
E segue...
Abertos a cualquer tipo de iniciativa de cualquer clase; todo é benvido pois xa nada pode perxudicarnos.
Non deixamos de agradecer todas as participacións económicas para pagar toda esta burocracia;
2100 5875 87 0200043581 . La Caixa (España)
20041 01016 1302461k037 06 La Banque Postale (Francia)
Un saudo a todos.
Familiares e amigos de Gilbert Ghislain.
http://gilbertalacalle.blogspot.com
gilbertarue@yahoo.com
Máis información sobre Gil neste mesmo blogue
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario