Recebemos na nosa caixa de correo a petición de fazer público neste blogue anarquista o seguinte Comunicado asinado por Telmo Varela e Miguel Nicolás, ao que damos gosto:
Compañeiros e compañeiras :
Telmo Varela e Miguel Nicolás, diriximos este escrito ao conxunto do pobo traballador galego e a tódalas centrais sindicais, organizacions e colectivos galegos, para pedirvos, toda solidaridade possibel cara o xuizo datado as 10:00 horas do 5 e 6 de febreiro do 2013 no Juzgado do penal nº 1 de Vigo. Onde baixo acusacion dun ataque ao INEM no 2010, enfrontámonos a umha peticion fiscal que suma un total de 15 anos de prision
Numha epoca de conflictividade social, dum novo intento de desmantelar o sector naval, cum incremento alarmante do desemprego, que xunto duns pacotes de reformas e decretos, foron abrindo paso a dramatica situación que hoxe en dia padecemos como povo traballador galego Telmo Varela, electricista do naval, activista social e daquela secretario comarcal da CUT, xunto a Miguel, tamen electricista do naval, activista social e daquela militante da CUT, fumos vítimas dumha montaxe mediatica e policial, construida em base a indicios casuais carentes dalgún tipo de proba que poda sustentarse. A unica finalidade e obxetivo das nosas detencións, foi o de levar a cabo umha campanha coa que reprimir e criminalizar calquer resposta obreira e sindical de carácter combativo
Este ataque ao INEM aconteceu na madrugada do 15 de dezembro do 2010, numha epoca na que as cifras do paro na Galiza chegaban a 250.000 obreiros e obreiras privados do seu dereito a trabalhar, mentres o governo de Zapatero ameazaba com arrebatar as esmolas dos 420 euros cos que tantas familas da nosa clase e povo tentaban sobrevivir
Na mesma manham dos ataques, mentres o INEM de Coia xa funcionaba normamalmente, detiveron a Miguel, e ata o 2 de maio do 2012, baixo a lei antiterrorista, mantivérono secuestrado e dispersado polos cárceres do Estado Espanhol, os dous primeiros meses na prision de A Lama, 8 meses na de Villabona en Asturies e o resto ata cumprir ano e medio na prison de Zuera em Zaragoza, a mais de 900 km da Galiza.
saindo baixo umha fianza de 3000 euros, recaudada entre a solidadaridade da nosa clase na manifestacion do 1º de maio, polo Comite de Solidaridade e Apoio a Miguel e Telmo ( CSAMT) e Ceivar. Telmo, detido o 9 de marzo do 2011, tras un despiadado linchamento mediatico, todavia continua preso e dispersado actualmente na cadea de Salamanca, a 413 km da Galiza, tras pasar polos cárceres de A Lama e Dueñas em Palencia a 486 km do pais, levando xa case dous anos privado da presunción de inocencia e a espera do xuizo. Nosa abogacia, xa leva mais de 6 intentos da sua posta em liberdade provisoria, que venhen sendo rexeitadas com argumentos tam absurdos como a cercania da Galiza com Portugal, que a crise continua e incluso por falta de arraigo familiar e laboral, cando cada mes, aparte das amizades, recibe a visita da sua mulher mailo seu fillo de 9 anos, e incluso existe um contrato laboral agardándolhe, para incorporarse o trabalho nada mais sair da cadea.
Como carecen de base e de argumentos para prolongar a cadea por dous anos mais en preventiva, a estreita colaboración da xustiza co ministerio do interior, un mes antes de cumplirse os dous anos, celebran o xuizo co firme proposito de condearlle. Saben perfeitamente que o sumario está cheo de lagunas e probas prefabricadas, e queren, a pesar de todo, asegurarse unha condena exemplarizante para que o movimento operario fique docil.
Nos dias 5 e 6 de febreiro do 2013, no xulgado do penal 1 de Vigo, imonos a enfrontar a um xuizo marcadamente politico, onde toda arbitrariedade exercida polo reximen, policial, xuridico, penitenciario e mediatico, padecida o longo deste proceso represivo de case dous anos, materializarase de forma descaradamente inxusta e contundente contra nós, cumhas peticions que suman 15 anos de cadea para dous trabalhadores do naval acusados de ter dignidade.
A represión do estado, tanto a nivel sindical, coma contra o independentismo, tense agudizado no devalar destes últimos anos, atacando sem tregua o noso povo, tratando de arrebatar e privatizar todolos nosos dereitos e servicios socias atingidos em decadas, silenciando e criminalizando toda resposta os seus decretos.
Solo com solidaridade poderemos facerlle frente.
Um saudo de clase
No hay comentarios:
Publicar un comentario