Xa que levamos unha boa tempada a voltas co tema de Noelia (presa social coruñesa gravemente vexada por institucións penitenciarias a causa da súa actitude digna e insubmisa), e xa que así seguiremos ata que non mellore a súa lamentable situación, colamos aquí este comunicado da A.F.A.P.P.-G.Z. que chegou ao noso correo:
Dolores Riveiro Lois, madre de Noelia Cotelo Riveiro, acompañada polo avogado de Noelia, membros da Campaña Contra as Torturas en Prisión, a Asamblea de Familiares e Amigxs das Persoas Presas-Gz, o Centro de Documentación Contra la Tortura, grupo de mulleres en loita de Madrid, en colaboración con Nais Contra a Impunidade, presentou unha denuncia na Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias e na sede do Defensor do Pobo de Madrid, informando das horribles condicións nas que Noelia está sendo tratada polo funcionariado do cárcere de Ávila, Brieva.
Nestas denuncias esiximos:
- Que se garanta o dereito á saúde de Noelia, permitindo que sexa atendida médicamente, e, no caso de ser necesario, trasladala a un hospital.
- Que se permita o acceso á prisión a un médico independente para tratar a Noelia e realizar o seguimento dos resultados do tratamento que considere preciso efectuar.
- Que se lle permita cumprir condena na súa terra, Galicia.
- Como medida de protección cautelar se lle traslade ó CP Albolote (Granada) onde poida desenvolver actividades e progresar de grado, abandoando de esta maneira Primer Grado onde leva 5 anos (isto se debe a que en Galicia non existen modulos de Primeiro Grado para mulleres).
- Que lle permitan ter acceso á educación, dereito Constitucional e Dereito Humano que lle está sendo negado en Brieva.
- Que lle permitan a un oftalmólogo valorar a súa perda de vista, gravemente acentuada por levar 5 anos en espazos reducidos.
- Que se investigue o motín dos días 28 e 29 de decembro, solicitando de maneira urxente que a Defensora do Pobo de Madrid se entreviste con Noelia e as mulleres presas que considere oportuno.
- Entrevista coa Defensora do Pobo de Madrid (isto se debe a que o Valedor do Pobo non ten competencia en matería Penitenciaria..).
De tales denuncias se remitiu copia ó Subcomité para a Prevención da Tortura e outros Tratos ou Penas Crueis, Inhumanos ou Degradantes das Nacións Unidas.
Firmas Online en Apoio: http://www.change.org/es/peticiones/todos-somos-noelia-cotelo-riveiro
afapp-gz
máis info: http://afapp-gz.blogspot.com.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario