Recebemos no noso correo este comunicado de HipHopAteneu , colectivo do que Senlheiro é parte. O seguinte video é o tema 8 do recopilatorio do hip hop ateneu "2000-2011" com líricas por Senlheiro e Ningém Melide, e música, grabación e mezcla por Skillful en Sin Studios.
O día 7 de Xaneiro o noso amigo Senlheiro foi secuestrado polas forzas da policía española. Detiverono na aldea do Instrumento a apeneas 4 Km da súa casa. Ao tempo, un gran número de bofias encarapuchados e fortemente armados cercaban o Lugar de Quistiláns do que Senlheiro, igual que moit@s de nós é natural e veciño. A ocupación policial prolongouse arredor de 15 interminábeis horas acompañadas de cacheos e identificacións continuas. A casa de Senlheiro, na que estaban varios membros do noso colectivo, viuse asediada durante horas sen que os seus ocupantes puidesen saír dela. A incerteza inundou o ambiente. @s compañeir@s temían polo estado do Senlheiro así como pola súa propia situación. O panorama mudou ca chegada de colegas e persoas solidarias, o que significou un apoio moral importante e un equilibrio numérico ante os mercenarios do Estado que estaban a invadir Quistiláns. Pasaron as horas e as 11:00 da mañán os bofias trouxeron ao noso amigo para dar comezo ao rexistro da vivenda, que se extendeu por máis de catro horas, e como resultado do mesmo a casa quedou destrozada. Ao remate do rexistro sacaron ao noso compañeiro rápidamente cara un carro para ser conducido lonxe da súa xente, mentres el berraba, "Torturaronme e estanme ameazando".
Actualmente Senlheiro atópase secuestrado en prisión preventiva á espera de xuízo, no cárcere de Soto del Real (Madrid), con cargos de pertenza a banda armada e tenencia e depósito de explosivos. Foi torturado física e psicolóxicamente durante o transcurso da súa detención. Nós non nos plantexamos a súa inocencia-culpabilidade porque a lóxica do Estado-Capital non é a nosa. Senlheiro é por enrriba de todo unha persoa da que nos sentimos orgullos@s. É un guerreiro en defensa da terra e da súa xente, a humildade, honestidade e coherencia son señas da súa identidade, a súa forza vital non decaeu nunca e estamos segur@s de que no caldeiro tampouco o fará. O vacío que deixa é enorme, como amigo, como revolucionario, como compoñente do HipHopAteneu. Botaremos en falta a súa constancia e determinación nos proxectos, no día a día...O seu cariño, o seu rap...
Por difícil que resulte, tentaremos encher ese valeiro co exemplo da súa forza e do seu compromiso, loitando pola súa liberdae e agardando o seu regreso.
Durante estes días teñen sucedido moitas mostras de solidariedade polas que sentimos un profundo orgullo e agradecemento. Sabemos que a solidariedade activa e efectiva vai a ser respostada con represión e estamos dispost@s a pagar ese precio. A reiterada intoxicación informativa por parte dos medios de comunicación, os continuos seguimentos, identificacións e intentos de intimidación dos que estamos sendo víctimas @s amig@s do Senlheiro non poderán rachar os nosos vínculos nin acabar coa nosa determinación e rebeldía. Os bofias e xornalistas sábeno ben. Está demostrado que todo este odio que están sementando pode transformarse en vinganza,. Así que queremos facer un chamamento á solidariedade en tódalas súas formas, con imaxinación, determinación e forza. Que o lume da vinganza continúe crecendo pola liberdade do noso irmán. Non poderán pararnos
HipHop Ateneu
15 ene 2013
Comunicado do Hip Hop Ateneu: Pola liberdade de Senlheiro. Non poderán pararnos.
Etiquetas:
abuso forzas da orde,
carcel,
comunicado,
represión,
solidariedade
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario